XUSTIZA PARA THOMAS  SANKARA

with Non hai comentarios

O 11 de outubro de 2021, iniciábase  o xuízo polo asasinato do presidente Thomas  Sankara e doce membros do seu goberno que pretendia cambiar Burkina faso de raíz. Na primeira xornada a ausencia destacada foi a do principal acusado, Blaise Compaoré que accedeu á presidencia do país co golpe de estado no que se enmarcaron os asasinatos. Exiliado en Costa do Marfil en 2014, desde que foi desaloxado por unha insurreción rexeitou as peticións da xustiza  burkinesa de comparecer ante o tribunal militar1.

Ao longo dos case 6 meses que durou o xuízo as interrupcións foron un habitual  acopañante. No medio de todas estas trabas ocorreu un feito que poñería en perigo o proceso de depuración, o 23 de xaneiro dábase un novo golpe de estado en Burkina  faso.

O exército encabezado por un xefe militar depuxo ao presidente  Roch  Kaboré e suspendeu a constitución2. Para os instrutores do xuízo supuxo a necesidade de paralizar o proceso ata recuperar a orde constitucional. Por sorte o 2 de febreiro quedou restablecida a orde constitucional.

Finalmente o pasado 6 de abril ditábase sentenza. Os principais acusados— Blaise  Compaoré,  Gilbert Diendéré e Hyacinthe Kafando— foron condenados a cadea perpetua. Outros 9 acusados recibiron penas de entre 9 e 20 anos, só 2 foron declarados inocentes3. Tristemente, tanto Compaoré como  Kafando foron xulgados  in  absentia e dificilmente  acabarán cumprindo a condena a pesar das ordes de captura  internacionais.

Aínda que o resultado non é do todo ideal pola fuxida de dous dos líderes, polo menos o pobo  burkines e a familia de Thomas  Sankara ao fin recibiron xustiza, agora o pobo  burkines pode buscar un futuro mellor que os afaste de tempos escuros e asegure un porvir con xustiza social e liberdade.

1 https://www.elsaltodiario.com/panafricanismo/juicio-asesinato-thomas-sankara-cadenas-perpetuas-principales-acusados
2 https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-60126623
3 https://www.france24.com/es/%C3%A1frica/20220406-compaore-cadena-perpetua-asesinato-sankara

Interésache: