11-N: Folga xeral. Fronte aos voitres, vivenda e dignidade!
with Non hai comentarios

Nunhas horas iniciamos a primeira folga en 14 anos! Non é unha folga calquera. É a primeira gran convocatoria unitaria en catorce anos que sitúa a vivenda no centro da disputa política e social.

Nas últimas décadas a vivenda deixou de ser un dereito para converterse nun negocio. O aluguer por enriba dos 1500 euros ao mes ten practicamente copado o mercado, mentres o prezo da vivenda libre acadou no segundo trimestre de 2026 os 2.355 euros por metro cadrado, acadando así máximos históricos. Faise imposible para a maioría da poboación manter unhas mínimas condicións de vida dignas se non ten onde vivir.

Por outra banda os salarios completan a segunda pata da protesta. A capacidade adquisitiva total das persoas traballadoras dende a crise do 2008 caeu máis dun 17%. Especialmente preocupante é a situación dxs menores de 35 anos que dende o ano da crise perderon un 77% da súa riqueza. E a isto hai que engadir que, a pesar de que o emprego volveu marcar un novo récord acadando os 22,8 millóns de persoas ocupadas, a realidade é que ter un emprego non significa xa chegar a fin de mes. O precariado pasa a ser a nova clase dominante o que impide que cada vez sexan máis as persoas que non teñan as condicións materiais para poder levar unha vida digna.

Ademais debemos apostar por configurar un sistema social sólido que aposte por fortalecer e blindar o sistema de pensións, así como por reforzar os servizos públicos (sanidade, educación…) e renacionalizar as empresas privatizadas durante os últimos 40 anos polos diferentes gobernos do estado. Debemos mudar o modelo e rachar coas teses dun neoliberalismo que esgana a vida en todos os seus planos. Un neoliberalismo que incrementa progresivamente o número de persoas que xa non son quen de chegar a fin de mes, mentres que un 1% de persoas teñen cada vez máis riqueza.

E fronte a isto temos que parar o estado e encher as rúas!! En cada cidade, en cada vila. En cada recuncho temos que parar a produción e tamén o consumo!! E, dende logo, que as protestas reborden as rúas!! O 11-N non pedimos ningún favor, esiximos dereitos!! A dignidade non se negocia!! Se nos pisan, erguémonos e respondemos!! O 11 de novembro paramos o estado e ateigamos cada recanto da xeografía esixindo o que é noso!! Esixindo vivenda e dignidade!!

Vémonos nas rúas!!

Ninguén o fará por nós!!