Watergate: espionaxe política e impunidade do poder
with Non hai comentarios

O 8 de agosto de 1974, hai hoxe 51 anos, o presidente dos Estados Unidos de América, Richard Nixon, anunciaba nun discurso televisado desde a Oficina Oval a úa renuncia ao cargo, adiantándose ao proceso de impeachment. Foi o primeiro presidente na historia dese país en dar ese paso, e o motivo foi o escándalo coñecido como Watergate, o famoso caso de espionaxe política que puxo enriba da mesa o funcionamento do que se supuña unha democracia e sacudiu os … Ler máis

Hiroshima: nun mundo que se rearma, 81 anos do bombardeo de Estados Unidos a Xapón
with Non hai comentarios

Mentres numerosos países e rexións sentan hoxe no Parque da Paz de Hiroshima para asistir á cerimonia conmemorativa do 81 aniversario de que os Estados Unidos de América lanzaran contra eles a bomba atómica, os países con armamento nuclear seguen modernizando os seus arsenais. O récord de participación, que supera as 120 delegacións do ano pasado, contrasta coa parálise do desarme internacional. Os “hibakusha”, os sobreviventes que cada ano ven diminuír as súas filas, asisten a unha cerimonia onde o … Ler máis

A sabotaxe: acción directa e empoderamento contra o poder
with Non hai comentarios

Enténdese por sabotaxe a destrución deliberada de bens materiais ou a diminución intencionada do rendemento laboral co propósito de prexudicar unha empresa, un sistema económico ou unha estrutura de poder. A orixe da palabra, que se relaciona cunha folga de ferroviarios na Francia do ano 1910, que bloqueaban as vías do tren, apunta xa ao seu vínculo coa loita laboral. Foi empregada tamén polos luditas, traballadores téxtiles de Nottingham en campañas contra a maquinaria que substituía a súa forza de … Ler máis

Tonight We Riot, revolución multixogador en 8 bits
with Non hai comentarios

En 2020, nun contexto de crise sanitaria e de crecente desigualdade social, o estudo independente “Pixel Pushers Union 512” lanzou Tonight We Riot. Este videoxogo, descrito polos seus creadores como «un xogo sen disculpas socialista», propón unha fantasía revolucionaria na que a clase traballadora se organiza para derrocar o sistema capitalista. A obra, que se presentou como un “beat ‘em up” de desprazamento lateral con estética pixelada, xurdiu como unha resposta á saturación de narrativas conservadoras na industria do videoxogo. … Ler máis

Como saltarse “Chat Control” dende hoxe mesmo
with Non hai comentarios

Sen dúbida a lei europea coñecida como Chat Control que se quere impoñer na UE supón unha vulneración moi grave do dereito á privacidade, entre outros. É sobre todo perigosa polo que supón, polas intencións e porque senta un precedente xurídico que vai en contra da mesma democracia liberal que profesan as institucións europeas, convertendo a UE nunha democracia autoritaria; con Chat Control o voto deixaría de ser anónimo e secreto de facto, por exemplo. Mais a lei é só … Ler máis

Ata agora todo vai ben: “La Haine”
with Non hai comentarios

Cando unha sociedade non quere ver a ferida, o mellor é filmar o pus. Mathieu Kassovitz, con só 27 anos, fixo iso en 1995: coller unha cámara en branco e negro e meterse no corazón das “banlieues” parisienses para devolverlle ao espectador unha imaxe incómoda, a dunha Francia que non se recoñecía nos seus propios arrabaldes. A película non naceu dun capricho estético, senón da indignación ante a morte de Makomé M’Bowole, un adolescente abatido pola policía en 1993. Aquel … Ler máis

A vivenda en España: un século de loita social
with Non hai comentarios

A loita por unha vivenda digna foi unha constante na historia recente do estado español. Desde as primeiras mobilizacións contra os desafiuzamentos ata as actuais protestas contra a especulación inmobiliaria, os movementos veciñais e cidadáns marcaron fitos esenciais na conquista deste dereito fundamental. Unha das maiores mobilizacións tivo lugar en 1931, cando a CNT convocou en Barcelona unha folga de alugueiros como resposta aos desaloxos masivos provocados pola crise de 1929. Preto de 100.000 familias secundaron a folga durante oito … Ler máis

El futuro sobre plano: o cántico de Biznaga contra a especulación inmobiliaria
with Non hai comentarios

El futuro sobre plano (2004), da banda madrileña de punk rock Biznaga, é unha expresión de rabia fronte á grave crise inmobiliaria no Estado Español e un canto á mobilización social. A letra recolle a situación actual da vivenda no país: especulación financeira por fondos voitre, falta de vivenda social, xentrificación, turismo de masas, desafiuzamentos… pero tamén chama á disputa da cidade e a recuperar o dereito de habitala con dignidade. O videoclip combina imaxes de manifestacións e accións directas … Ler máis

25 de abril: o espírito da Revolución dos Caraveis segue vivo en Portugal
with Non hai comentarios

O 25 de abril de 1974, a Revolución dos Caraveis, encabezada polo Movemento das Forzas Armadas (MFA), puxo fin ao Estado Novo portugués, a ditadura máis longa de Europa Occidental. Nunha insurrección sen violencia, a poboación tomou as rúas para apoiar os militares, introducindo caraveis vermellos nos canóns dos fusís. A canción “Grândola, Vila Morena” de José Afonso emitiuse pola radio para servir de sinal aos grupos que tomaron ao mesmo tempo as distintas sedes do poder, e converteuse nun … Ler máis

A Estratexia do Caracol, película de 1993: enxeño e dignidade fronte aos desafiuzamentos
with Non hai comentarios

A Estratexia do Caracol (1993) é unha película colombiana dirixida por Sergio Cabrera e escrita por Humberto Dorado. É considerada por moitos críticos como a mellor película do cinema colombiano, e recibiu premios como os do Festival Internacional de Cinema de Berlín e o Festival de Cinema de Biarritz de América Latina. Baseada nunha historia de Ramón Jimeno, a película trata sobre unha comunidade de veciñxs dun edificio coñecido como A Casa Uribe que se enfronta a un desafiuzamento, nunha … Ler máis

1 2