
Xullo 2017, o cumio do G20 en Hamburgo. Que reúne aos 20 líderes máis poderosxs do mundo, un mundo que afronta unha fonda crise cultural, social, económica e ambiental, os medios hexemónicos estarán presentes.
Pero deste vez non só as elites estarán alí, a sociedade civil e as organizacións sociais oporán as súas voces ao modelo neoliberal, por iso estivemos participando das reunións para a organización dunha alternativa ao G20, na que se darán un Contra Cumio, unha acampada, mobilizacións e as accións de desobediencia civil masivas.

Para ir quecendo para Xullo acomezos de abril tivo lugar unha manifestación que rematou diante do edificio que acollerá o cumio do G20, demostrando que non nos poderán calar e que oporemos as nosas voces as súas políticas capitalistas.