
O pasado día 16 de febreiro demos por rematada a Longa Marcha que nos levou até a cidade francesa de Estrasburgo, onde pechamos a marcha cunha grande manifestación na cidade gala, baixo o lema “pola paz e a democracia – liberdade para Abdullah Öcalan”.

Este ano a Longa Marcha, que sempre se celebra coincidindo co aniversario do encarceramento do líder curdo Abudllah Öcalan, ten especial relevancia porque se cumpren 20 anos do mesmo. Co obxectivo de visibilizar a situación do pobo curdo e do Cursdistán, así como esixir a liberación de Öcalan, percorremos as principais poboacións francesas, dende que saímos o pasado 11 de Febreiro de Luxemburgo. Ao longo de todo este camiño fóronsenos unindo activistas da diáspora curda e internacionalistas que simpatizan coa causa curda.

Para darlle fin démonos cita na cidade de Estrasburgo, onde centos de persoas de diversa orixe organizadxs en tres grandes columnas (agrupadas en “Xuventude Curda”, “Internacionalistas” e “Intelectuais”) confluímos nunha gran manifestación no centro de Estrasburgo, berrarando ben forte lemas como: “Liberté Öcalan” (liberdade Öcalan), “La femme, la vie, la liberté” (muller, vida , liberdade), “No justice, no peace, fight the police” (nin xustiza, nin paz, combate á policía). Rematamos o acto de peche no Parking des Vanneaux, onde se leron discursos das distintas organizacións implicadas e escoitamos as experiencias dxs compañeirxs en folga de fame pola liberación de Abdullah Öcallan, dando así por finalizada a Longa Marcha até o ano que ven.
Liberdade para o pobo Curdo! Liberdade para os pobos do Mundo!
Máis información:
Internationalist Commune(Castelán)
Interésache:
One Response
CRÉBASE O TRATADO DE FORZAS NUCLEARES DE ALCANCE INTERMEDIO - EN ACCIÓN)))
[…] ESTRASBURGO: PAZ, DEMOCRACIA E LIBERDADE PARA O CURDISTÁN […]