ENDE GELAENDE: INICIAMOS A ACCIÓN!

with 1 comentario

Hoxe damos un paso máis para facer fronte ás políticas que buscan o máximo beneficio a través de esganar o planeta. Hoxe, de novo, iniciamos a loita en Renania. Activistas chegadxs dende diversos puntos de Europa reunímonos en Viersen e organizámonos para poder bloquear a produción da central de lignito de RWE.

A primeira hora da mañá empezaron a actuar xa os primeiros grupos de activistas. O finger verde conseguiu bloquear as vías do tren que chega ata a central de enerxía de Neurath facendo retroceder o tren e impedindo a súa chegada a destino.

Por outra banda o finger rosa non é quen de avanzar ao chegar a estación de Viersen posto que a policía intenta evitar a toda costa a chegada masiva de activistas procedentes de Aachen. Esta localidade, que se atopa a tan só unha hora en coche de Viersen, foi escenario hoxe dunha manifestación convocada por Fridays For Future que congregou a máis de 44.000 persoas de máis de 15 países diferentes.

Mentres o groso de grupos e activistas organizámonos e facemos os últimos axustes de carácter táctico e de seguridade de cara á acción de mañá.

Se algo destacou en Viersen ao longo do día foi o grande contraste visual entre o elevado número de policías e o aínda máis numeroso grupo de activistas que ocupamos cada zona desta pequena localidade. Esta fotografía envólvese ademais nunha atmosfera na que os berros de apoio á mobilización por parte da poboación local mestúranse cos das gorxas dxs miles de activistas que berramos de xeito continuo lemas como “Ende Gelande!” ou “Fagamos que o capitalismo sexa historia!”.

One Response

  1. […] ENDE GELAENDE: INICIAMOS A ACCIÓN! […]