QUE É A REPRESIÓN E COMO COMBATELA?

with 2 Comentarios

A represión foi dende sempre unha das formas coas que os gobernos, ou calquera grupo que detenta un poder, actuaron contra quen desafían as relacións de poder existentes. Foi definida como o emprego ou a ameaza de coerción por parte dxs poderosxs sobre quen se lle opón a fin de debilitar a resistencia á súa vontade1. En definitiva, represión é toda actividade institucional que tende a cohibir os comportamentos colectivos.

Puerto Rico, choques entre policía y manifestantes.

A represión non é o único mecanismo destinado ao control colectivo. Talcott Parsons, en “The Nature and Significance of Economics”2 definía outros como o incentivo (ofrecer ás persoas descontentas vantaxes para inducilas a un cambio de actitude), persuasión (utilizar influencia e “boas razóns” sen sancións positivas ou negativas) ou o compromiso (chamadas á moral e á conciencia da cidadanía). Estes mecanismos son os preferidos polo poder en tempos de baixa conflitividade social.

Con todo, se fallan os anteriores, os poderes recorren ao cuarto mecanismo: a coerción, ou presión a un individuo ou grupo de persoas co obxectivo de condicionar o seu comportamento. Segundo Michael Mann3, esta pódese dividir de menor a maior grao en: opresión (omisión dos dereitos sociais e económicos da cidadanía), a represión (control social mediante sancións, como a era McCarthy en EEUU), o terrorismo de Estado (uso sistemático da violencia para crear un medo crónico, como durante a ditadura de Pinochet) e o xenocidio (eliminación dun grupo étnico, cultural, relixioso ou ideolóxico).

Policía Chilena reprimindo protestas contra o Goberno

Cando as poboacións nos enfrontamos a unha situación de represión, podemos empregar o dereito de Rebelión, ou o uso da desobediencia civil ou a forza a fin de derrocar a un goberno ilexítimo. Este dereito aparece reflectido de maneira implícita no preámbulo dos Dereitos Humanos de 19484. É un dereito lexítimo e recoñecido das poboacións ante un poder inxusto5.

Ante a inxustiza, debemos fortalecernos a nivel individual e colectivo, adoptar medidas de seguridade e ser discretxs tanto nas redes como na vida real, coñecer a quen nos enfrontamos e documentar outras loitas para analizar os seus erros e acertos6. Vitorias como o recente proceso constituínte do pobo Chileno7 demostran que a loita é posible e necesaria, e que as poboacións unidas logran cambiar a historia.

1 STOHL, Michael y LOPEZ, George A., “Introduction” en STOHL, Michael y LOPEZ, George A., The State as Terrorist. Westport, Greenwood, 1984, pág. 7.
2 PARSONS, Talcott, “Some Reflections on the Place of Force in Social Process” en "Internal War: Problems and Approaches". Londres, Collier-MacMillan y Nueva York, The Free Press, 1964, pág. 34.
3 MANN, Michael, Las fuentes del poder social, vol. II, pág. 527.
4 "Considerando esencial que los derechos humanos sean protegidos por un régimen de Derecho, a fin de que el hombre no se vea compelido al supremo recurso de la rebelión contra la tiranía y la opresión" (Preámbulo de la Declaración Universal de los Derechos Humanos)
5 https://papers.ssrn.com/sol3/papers.cfm?abstract_id=2329401
6 https://kaosenlared.net/estrategias-para-afrontar-la-represion/
7 https://www.plebiscitonacional2020.cl/

Máis Información:

https://www.omct.org

Interésache:

O POBO CHILENO SEPULTA POR FIN A PINOCHET

O MAS VOLVE GAÑAR EN BOLIVIA

A VIVENDA: UNHA LUXOSA NECESIDADE

ESCOCIA: O DEREITO DE AUTODETERMINACIÓN

2 Responses

  1. […] QUE É A REPRESIÓN E COMO COMBATELA? […]

  2. […] QUE É A REPRESIÓN E COMO COMBATELA? […]