O goberno de Isabel Díaz Ayuso presentou un anteproxecto de lei no que propón reformas en máis de 30 normas co “obxectivo de dinamizar a actividade económica”. Entre as súas propostas, está a creación dunha Axencia de Contratación Sanitaria, que supoñería un paso máis na privatización da sanidade1.
Que supoñería para a sanidade madrileña a creación desta Axencia? Afondar nun modelo privatizador do sistema sanitario de Madrid e a ausencia de transparencia e control sobre a súa actividade económica, xa que este órgano non tería control parlamentario -aínda que si estaría financiada polos Orzamentos Xerais da comunidade-2.
Unha das xustificacións para a creación desta axencia é a de adquirir bens e servizos de compra xeneralizada, con todo, xa hai un organismo que cumpre esta tarefa na actualidade, que é a Central de Compras do Servizo Madrileño de Saúde.
Tanto a oposición como a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, manifestaron o seu malestar con este anteproxecto3. Non só polas dúbidas que lles suxire o proxecto en si, tamén pola omisión do trámite habitual de consulta pública e a redución á metade do prazo de alegacións. Todo leva á seguinte pregunta: Estamos ante un novo chiringuito do PP?. Ante todo a cidadanía madrileña debe estar alerta para non ser vítima dunha nova erosión do estado de benestar.
1 https://www.publico.es/sociedad/ayuso-crea-via-rapida-agencia.html 2 https://www.epe.es/es/madrid/20211231/temor-nueva-agencia-contratacion-ayuso-13043827 3 https://www.eldiario.es/sociedad/ultima-hora-coronavirus-actualidad-politica-29-diciembre_6_8617955_1082955.html
Interésache: