This Is What Democracy Looks Like. Documental sobre Seattle ’99 e o Movemento Antiglobalización
with Non hai comentarios

O documental This Is What Democracy Looks Like (2000), dirixido por Jill Friedberg e Rick Rowley, captura a esencia das protestas contra a Organización Mundial do Comercio (OMC) en Seattle durante novembro de 1999. Filmado sobre o terreo con cámaras de activistas, o filme compila testemuños directos dunhas mobilizacións que reuniron a máis de 50.000 persoas de todo tipo de posición e procedencia (dende sindicalistas a ecoloxistas, dende colectivos de primeiras nacións a anarquistas) no que foi o punto de … Ler máis

Conceptos Clave. Violencia, vandalismo, terrorismo e non-violencia
with Non hai comentarios

A estrutura de poder ten buscado asociar historicamente a protesta e a disidencia coa violencia empregando diferentes conceptos como sinónimos entre si, equiparando así a violencia coa disidencia e a non-violencia cos procesos reformistas. Así pois distinguiranse a continuación cinco conceptos clave: Violencia. Enténdese por violencia o uso deliberado de forza física ou psicolóxica contra persoas, grupos ou comunidades coa intención de causar dano. Galtung distinguirá tres niveis: Violencia directa. Actos explícitos que implican accións que causan dano físico ou psicolóxico … Ler máis

Camiñemos xuntxs! Fagamos fronte ao abuso de gobernos e corporacións!
with Non hai comentarios

Non somos espectadorxs! Somos responsables do que pasa na realidade inmediata que nos rodea! Somos a resistencia organizada contra un sistema que devasta comunidades, saquea ecosistemas e baleira de dignidade a vida humana. Cada día debemos camiñar xuntxs guiadxs pola idea de que só a acción continua, organizada e solidaria deterá os abusos da maquinaria depredadora das empresas transnacionais que tan ben protexidas se atopan pola actuación ou a pasividade cómplice dos gobernos estatais e dos organismos internacionais. O capitalismo … Ler máis

1 2