NACE 13 EDITORA!!
Este domingo 25 de Novembro o proxecto 13 Editora rematou de colocar os alicerces dun proxecto que xa é realidade grazas a máis de 50 persoas que, a través das súas achegas á campaña de microfinaciamento, facilitaron a consecución do orzamento para o primeiro impulso que porá en marcha 13 Editora. Sendo este un proxecto editorial sen ánimo de lucro, de carácter independente, que xorde ao abeiro de ECOAR))), 13 Editora nace co firme obxectivo de difundir, en lingua galega, … Ler máis