O FUTURO DE GALIZA SERÁ SEN CARBÓN
with 1 comentario

O pasado día 1 de decembro, actuamos na acción global contra o carbón na central térmica das Pontes (#ENDESA), organizada pola plataforma Galiza, Un Futuro Sen Carbón, da que forma parte ECOAR))) xunto a outros colectivos sociais e ecoloxistas. O 34% das emisións de CO2 en Galicia son producidas polas centrais de Meirama e As Pontes. Así que ás 11:30h partimos da praza Uxío Novoneira co obxectivo de visibilizar o rexeitamento á queima de carbón mediante a escenificación do seu … Ler máis

COMUNICADO: UN FUTURO SEN CARBÓN
with Non hai comentarios

Os custos sanitarios das centrais de carbón en Galicia ascenden a 430 millóns de euros anuais Os custos sanitarios estimados para Galicia derivan dos 117 ingresos hospitalarios e dos 52.000 días de traballo perdidos atribuíbles á contaminación do aire polas centrais das Pontes e de Meirama. A recén creada plataforma Galiza, un futuro sin carbón pide ao Goberno español e á Xunta unha transición enerxética xusta e o abandono do carbón antes de 2025. Galiza, 28 de novembro de 2018-. … Ler máis

NACE 13 EDITORA!!
with Non hai comentarios

Este domingo 25 de Novembro o proxecto 13 Editora rematou de colocar os alicerces dun proxecto que xa é realidade grazas a máis de 50 persoas que, a través das súas achegas á campaña de microfinaciamento, facilitaron a consecución do orzamento para o primeiro impulso que porá en marcha 13 Editora. Sendo este un proxecto editorial sen ánimo de lucro, de carácter independente, que xorde ao abeiro de ECOAR))), 13 Editora nace co firme obxectivo de difundir, en lingua galega, … Ler máis

ENDE GELÄNDE 2018: CUARTO ANO RESISTINDO POLA XUSTIZA CLIMÁTICA
with 1 comentario

Entre os días 25 e 29 de Outubro tivo lugar en Renania (Alemaña), unha acción contra as minas de lignito, un dos responsables principais de emisións contaminantes de CO2. Convocada pola plataforma Ende Gelände, a acción reuniu a miles de activistas por cuarto ano consecutivo para bloquear a actividade mineira en Renania e defender o Bosque de Hambach. Este bosque de máis de 12.000 anos de antigüidade e cunha alta biodiversidade está ameazado pola actividade mineira da compañía RWE que … Ler máis

‘EUROPE BEYOND COAL’: CONTA ATRÁS PARA O FIN DO CARBÓN
with 1 comentario

2030 é a data límite para reducir o consumo de carbón en polo menos dous terzos. É dicir, estamos a 12 anos de evitar a suba da temperatura global e evitar así as súas catastróficas consecuencias. O carbón é a causa principal de 19.500 mortes prematuras ao ano en Europa e os custos por problemas de saúde asociados chegan até 54 mil millóns de euros ao ano na Unión Europea. Por todo isto, demos un paso máis para pórlle freo … Ler máis

CONSTRUÍNDO OS ALICERCES PARA LIBERARNOS DO CARBÓN
with Non hai comentarios

Os pasados 12, 13 e 14 de outubro tivo lugar en Riaza (Segovia) un encontro encadrado no movemento internacional Break Free, cuxo obxectivo é poñerlle freo á produción de enerxía baseada no carbón. Acudimos ao encontro coa firme tarefa de tecer rede e crear alianzas para seguir construíndo o movemento contra as enerxías fósiles. Tras o último informe do IPCC que indica que, se non se reduce a emisión de CO2 á metade de aquí a 2030, e a cero … Ler máis

SUSPENSIÓN DA TALLA DO BOSQUE DE HAMBACH
with Non hai comentarios

O pasado 5 de outubro un tribunal alemán ordenou a suspensión temporal da talla do Bosque de Hambach, convertido nos últimos meses en símbolo da loita climática e do rexeitamento ao uso de enerxías fósiles. A decisión foi tomada polo Tribunal da cidade de Münster en resposta a un procedemento de urxencia iniciado pola organización ambientalista BUND, que perseguía poñer fin ao corte masivo de árbores levado ao cabo para gañar superficie para unha mina de carbón, propiedade da compañía … Ler máis

‘13 EDITORA’ CREA UN CROWDFUNDING PARA CONSTITUÍRSE
with Non hai comentarios

  Lánzase a campaña de crowdfunding para poder converter en realidade 13 editora. A campaña desenvolverase a través da ferramenta de microfinanciamento da Pepa Loba co propósito de poder acadar o obxectivo mediante un proceso de construción colectiva e colaborativa. 13 editora pretende ser un proxecto editorial sen ánimo de lucro de carácter independente que dote ás persoas e colectivos de ferramentas que lles permitan achegarse á realidade de xeito autónomo, crítico e proactivo. Con esa vontade 13 editora, que … Ler máis

VÍDEO: NINGUÉN O FARÁ POR NÓS
with Non hai comentarios

    Interésache: NINGUÉN O FARÁ POR NÓS!

1 8 9 10 11 12 13 14 15