Adherirse    Máis información

 

QUE?

Sinatura do manifesto que anuncia a convocatoria dunha folga mundial polo clima o día 27 de setembro de 2019.

 

QUEN?

As organizacións Juventud por el Clima – Fridays for Future, Alianza por el Clima, Alianza por la Emergencia Climática e 2020: Rebelión por el Clima son as que publican e rubrican o manifesto. Son plataformas pertencentes a distintos movementos internacionais que teñen por obxectivo exercer presión sobre as clases dominantes para que o aumento da temperatura do planeta non supere os 1’5º C.

 

COMO?

O manifesto pretende acadar os apoios suficientes para facer unha folga xeral significativa o 27 de setembro, e para continuar a loita a través de futuras mobilizacións a prol do clima.

 

ONDE?

No planeta Terra. A convocatoria é online. A folga será global.

 

CANDO?

Dende o 24/07/2019. A data de finalización da recollida de apoios é indeterminada.

 

CANTO?

Cantos máis apoios se acaden mellor. Son apreciados todos os apoios individuais e colectivos, sempre que estes non proveñan de partidos políticos e fundacións dependentes dos mesmos, e empresas. Así pois, as organizacións de carácter social, cidadán e sindical son benvidas.

 

POR QUE?

A crise climática, non cuestionada por ningunha organización científica significativa, implicará, de continuar a tendencia actual, a extinción do redor dun millón de especies do planeta, tanto mariñas como terrestres. Esta crise é provocada polo capitalismo global dos países opulentos, que polo momento non atopa freo. As mobilizacións climáticas pretenden exercer a presión necesaria para frear a inercia capitalista que cre nun crecemento económico ilimitado totalmente insostíbel. O obxectivo é que a actividade humana non implique un aumento da temperatura da Terra superior ao 1’5º C de aquí ao ano 2100, e esta mobilización é unha máis que loita por facerse oír.