O FMI E A AUSTERIDADE EN TEMPO DE PANDEMIA

with 4 Comentarios

O Fondo Monetario Internacional, que naceu en 1944 nos acordos de Bretton Woods, foi dende a década dos 70 unha das forzas principais que impuxeron a axenda neoliberal en todo o planeta1, condicionando os seus préstamos a medidas de austeridade. E a actual crise sanitaria non supuxo ningún cambio neste sentido.

Unha análise realizada por OXFAM a partir de 91 préstamos realizados polo FMI a países durante a pandemia2 revela que polo menos 76 deles estaban condicionados a conxelacións salariais e recortes en sanidade pública, en sistemas de pensións, no sector público (doutorxs ou profesorado incluídos) ou nos subsidios de desemprego, todos eles servizos de grave necesidade durante estas épocas. Como exemplo dalgunhas das medidas indicadas no informe, podemos ver as seguintes:

  • En Ecuador, pese ao colapso da sanidade do país, o FMI recomendou reducir gastos en saúde e pagos a persoas desempregadas, a cambio do seu préstamo de 6.500 millóns de dólares.
  • En Angola, Nixeria e outros sete países, incrementaranse os impostos ao valor engadido que afectan principalmente ás persoas máis humildes, a pesar de que o desemprego en Nixeria aumentou un 27 por cento.
  • En catorce países, entre os que están Barbados, O Salvador, Lesoto ou Tunes, paralizaranse ou reducirán salarios de funcionarixs, a pesar de que países como Tunes teñen só 13 doutorxs por cada 10.000 persoas.

Estas medidas resultan se cabe máis censurables cando o mesmo FMI recoñeceu en varios informes propios o fracaso das súas políticas, dicindo que o Neoliberalismo foi “promocionado en exceso”3 ou que os seus experimentos en América Latina foron “todo dor, sen beneficios”4. Con todo, volve aplicar as súas mesmas receitas nunha das maiores crises sanitarias dos últimos tempos.

Aínda que o FMI é un dos actores máis poderosos no ámbito global, non é o único axente que promove a austeridade no planeta. A Unión Europea, por exemplo, vai poñer en marcha a súa “NEXT GENERATIO  EU”5, o rescate máis grande da súa historia, de 750.000 millóns de euros, tamén condicionados a este tipo de políticas. Ante o austericidio, a mellor solución que temos as clases empobrecidas é a mobilización e a lexítima falta de pagamento de débedas ilexítimas e crueis. Outros países, como Islandia6 ou Ecuador7, demostraron que a loita contra a austeridade e a débeda é posible.  Non debemos, non pagamos!

1 https://www.jstor.org/stable/4621699?seq=1
2 https://oi-files-d8-prod.s3.eu-west-2.amazonaws.com/s3fs-public/2020-10/IMF%20COVID%20Financing%20Tracker%20FINAL%20Oct%2010.pdf
3 https://www.imf.org/external/pubs/ft/fandd/2016/06/pdf/ostry.pdf
4 https://www.imf.org/external/pubs/ft/fandd/2016/06/pdf/ostry.pdf
5 https://ec.europa.eu/info/live-work-travel-eu/health/coronavirus-response/recovery-plan-europe/pillars-next-generation-eu_es
6 https://www.cadtm.org/Islandia-Si-la-deuda-no-puede
7 https://www.cadtm.org/Ecuador-los-pueblos-exigen-ser

Máis Información:

https://www.cadtm.org/

Interésache:

QUE É A REPRESIÓN E COMO COMBATELA?

O POBO CHILENO SEPULTA POR FIN A PINOCHET

O MAS VOLVE GAÑAR EN BOLIVIA

A VIVENDA: UNHA LUXOSA NECESIDADE

4 Responses

  1. […] O FMI E A AUSTERIDADE EN TEMPO DE PANDEMIA […]

  2. […] O FMI E A AUSTERIDADE EN TEMPO DE PANDEMIA […]

  3. […] O FMI E A AUSTERIDADE EN TEMPO DE PANDEMIA […]

  4. […] O FMI E A AUSTERIDADE EN TEMPO DE PANDEMIA […]