PERÚ LIBRE DE FUJIMORIS

with Non hai comentarios

O pasado 6 de Xuño  tivo lugar a segunda volta das eleccións presidenciais de Perú, onde o candidato de Perú Libre, Pedro Castillo, triunfou convertíndose deste xeito no novo presidente do país Andino fronte á ultradereitista  Keiko  Fujimori.

Keiko  Fujimori vendo que a vitoria escapábaselle por unha marxe moi axustada, puxo en tensión o proceso electoral ao pedir a anulación duns 200.000 sufraxios en rexións onde Pedro Castillo conta cun nivel moi alto de apoio. Solicitou ao Xurado Nacional de Eleccións ( JNE) a anulación de 802 actas electorais  baseándose en presuntas irregularidades e “fraudes da mesa” cometidos por interventores de Perú Libre, o partido de Castillo1.

Con todo, o JNE arquivou unha tras outra todas as apelacións do partido de  Keiko  Fujimori, Forza Popular. O presidente do JNE, Jorge Luís Salgas, afirmou que, segundo a xurisprudencia,  o acto da fraude debe modificar de maneira tanxible o resultado nunha mesa. Isto último non foi demostrado en ningún caso polos  seguidores de Fujimori2.

Filla do  expresidente Alberto  Fujimori, famoso polos seus múltiples escándalos e por exercer un mandato de carácter dictatorial3, Keiko Fujimori está investigada por financiamento ilegal a través de varias empresas, entre elas a construtora brasileira  Odebrecht, para as súas campañas de 2011 e 2016. Asociada á trama coñecida en Brasil como “Lava Jato”4, esta e outras novas investigacións sobre lavado de diñeiro5, levaron a  Keiko  Fujimori a unha situación sen saída. Ao non conseguir a presidencia, non terá máis remedio que afrontar as súas débedas coa xustiza6 ou  fuxir  clandestinamente do país seguindo o exemplo do seu pai.

Mestre, líder sindical descendente de indíxenas, campesiño e abertamente socialista, Pedro Castillo representa a esperanza de Perú para deixar atrás anos de corrupción. O seu partido Perú Libre propón crear unha nova constitución, nacionalizar sectores  estratéxicos, fortalecer o sistema de pensións público e romper tratados comerciais que supoñen unha situación de submisión con EEUU7. A cidadanía peruana pode congratularse de ser parte dun fito histórico ao vencer a esquerda en Perú por primeira vez en  decádas. Con todo,  debera seguir vixiante para defender os seus dereitos sociais debido a que Castillo é conservador nestes termos8.

1 https://www.elconfidencial.com/mundo/2021-06-10/fujimori-pide-anular-votos-castillo-elecciones-peru_3124699/
2 https://larepublica.pe/elecciones/2021/06/30/elecciones-2021-jne-descarta-fraude-al-resolver-sobre-el-fondo-en-27-apelaciones-pltc/
3 https://elpais.com/diario/1992/04/20/internacional/703720813_850215.html
4 https://www.rtve.es/noticias/20210610/elecciones-peru-corrupcion-keiko-fujimori-fiscalia-prision-preventiva/2102117.shtml
5 https://larepublica.pe/elecciones/2021/07/05/elecciones-2021-keiko-fujimori-fiscalia-abre-nueva-investigacion-en-su-contra-por-presunto-lavado-de-activos-pltc/
6 https://www.elconfidencial.com/mundo/2021-06-02/peru-elecciones-fujimorismo_3110223/
7 https://www.bbc.com/mundo/noticias-america-latina-56732879
8 https://www.bbc.com/mundo/noticias-america-latina-56732879

Interésache: