Ás 4 da madrugada do 24 de febreiro1, horas despois de que Putin anunciara a intervención na televisión do seu país, Rusia iniciou a invasión de Ucraína con bombardeos en gran parte do país, incluída a capital2. Tropas rusas entraron ao norte pola fronteira de Bielorrusia, ao leste a través da fronteira con Rusia, e no sur dende Crimea3, a provincia anexionada por Rusia dende 2014. As Forzas Armadas de Rusia neutralizaron a defensa antiaérea de Ucraína e destruíron a infraestrutura das bases aéreas. A comunidade internacional reaccionou condenando o ataque como “inxustificado” e propoñendo sancións. Pero, como chegou Ucraína a esa situación?
Ucraína é un país dividido4. Dende a disolución soviética e a independencia de Ucraína en 1991, o leste do país é prorruso e a lingua falada é maioritariamente rusa, mentres que ao oeste é proeuropeo e fortemente nacionalista, con moitos grupos políticos de inspiración e simboloxía nazi. En 2014 Donetsk e Lugansk, as dúas rexións ucraínas do Donbass (a cunca do río Donets), declaráronse independentes, estourando unha guerra que dura de maneira intermitente ata o día de hoxe, con constantes violacións dos altos o fogo. Por unha parte, os separatistas prorrusos enfrontáronse ao goberno ucraíno coa axuda de Moscú, e por outra o goberno prohibiu voos directos con Rusia e estableceuse como obxectivo incorporarse á UE e á OTAN.
Este feito (a entrada dun país cércano a Rusia na OTAN) é o que decidiu a Putin a intervir no país. O luns 21 de Febreiro, o goberno de Putin recoñeceu de improviso a independencia das rexións de Donetsk e Lugansk5, pese a que esta levaba sendo reclamada dende 2014. Nun discurso televisivo6 declarou buscar “a protección das persoas que, durante oito anos, foron obxecto de abusos e xenocidio por parte do réxime de Kiev […] desmilitarizar e desnazificar Ucraína e levar ante a xustiza a quenes cometeron numerosos crímes”. Ameazou tamén a “calquera que intente deternos e crear máis ameazas ao noso país” e recordou que “a Rusia moderna é unha das potencias nucleares máis fortes”. Finalmente o mandatario ruso cumpriu as súas ameazas.
Neste contexto, e co conflito aínda recente, é difícil ver algún medio de comunicación que non ofreza unha visión completamente maniquea do conflito, cun Vladimir Putin “asasino”7 fronte a un bloque occidental que “se preocupa” polos bombardeos “inxustificables”. Sen embargo, ninguén menciona cando Putin apoiou en 2001 a invasión norteamericana en Afganistán. Debemos recordar que estes conflitos son unha parte máis do xogo de xadrez xeopolítico que as grandes potencias xogan constantemente coas poboacións. Un bloque occidental que ve perder o seu poder e busca anexionar novos países á OTAN, e Rusia que non desexa máis mísiles norteamericanos no seu patio traseiro. Aquí non hai bos ou malos, se non conflitos locais usados como escusa para un fogo cruzado internacional. Como sempre, pagarán as poboacións.
Por todo isto dicimos ben claro NON Á GUERRA, e facemos un chamamento ao alto o fogo e a un diálogo sosegado entre as partes que permita poñer fin ao conflito sen que haxa máis vítimas.
1 https://www.elmundo.es/internacional/2022/02/24/621704a4f2c0a3001e4f89f5-directo.html 2 https://www.20minutos.es/noticia/4961758/0/videos-imagenes-invasion-bombardeos-ucrania/ 3 https://elpais.com/internacional/2022-02-24/el-ataque-de-rusia-a-ucrania-en-mapas.html 4 https://elpais.com/elpais/2014/02/20/media/1392918448_333243.html 5 https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-60471777 6 https://www.20minutos.es/videos/internacional/4962066-el-amenazante-discurso-de-putin-en-espanol-estamos-listos-para-cualquier-resultado/ 7 https://www.youtube.com/watch?v=ycTmwWbzZAE
Interésache:
One Response
INFORME CAMBIO CLIMÁTICO, UN FUTURO NEFASTO - EN ACCIÓN)))
[…] INVASIÓN RUSA EN UCRAÍNA: O XADREZ XEOPOLÍTICO ASINA: POÑAMOS FREO AOS ABUSOS LABORAIS NO MUNDIAL DE FÚTBOL DE QATAR As Múltiples Caras de Anonymous Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]