A súa emisión converteuse nunha cita histórica: o 17 de xaneiro de 2015, preto de 569.000 espectadores (un 20% de cota) seguiron a historia do caso 4F, unha cifra desorbitada para o Canal 33. O documental percorrera festivais e centros sociais agora chegaba á cidadanía de xeito máis masivo.
A expectación non era casual. Días antes, un xulgado de Barcelona ordenara cortar cinco minutos da longametraxe por considerar que vulneraban o dereito á honra dun ex-xefe policial. A censura xudicial provocou un efecto Streisand inesperado e as redes sociais incendiáronse cos hashtags#TotCiutatMorta e #BaixaalBar, e milleiros de persoas organizaron paseos extraoficiais do metraxe íntegro.
Os feitos que relata o documental, dirixido por Xavier Artigas e Xapo Ortega, son demoledores. Todo comezara o 4 de febreiro de 2006 (o que valería de nome ao caso posterior como 4F) durante o despexo dunha festa nun teatro ocupado. Danse cargas policiais que son respondidas con lanzamentos de obxectos e un axente da Garda Urbana queda tetrapléxico ao recibir, sen casco, o impacto dunha maceta. Ante a dificultade para atopar ao autor, a policía detivo aleatoriamente, por perfil racial ou polo seu aspecto, a varias persoas que atoparon nas proximidades. Estas persoas serían privadas de liberdade durante dous anos, á espera dun xuízo no que o testemuño da policía foi a base única para as condenas de elevadas penas de prisión.
Ademais, varias das persoas detidas denunciaron torturas durante os interrogatorios: ameazas, simulación de afogamento e agresións que requiriron puntos de sutura, queimaduras con cigarrillos. Entre eles atopábase Patricia Heras, unha moza estudante de literatura que foi detida nun hospital onde acudira por un accidente alleo aos disturbios.
Cinco anos despois, en 2011, e en parte como consecuencia a ter sido vítima dunha montaxe policial e de represión, Patricia Heras remata coa súa vida durante unha saída de permiso.
A investigación xornalística do filme demostrou que, co paso do tempo, os axentes cuxo testemuño foi clave foron condenados por torturar a outro detido nun caso diferente. Ademais de aparecer, a posteriori, unha persoa que aseguraba ter información sobre quen lanzara, realmente, aquela maceta. A pesar de todo isto, a Fiscalía rexeitou reabrir o caso 4F.
O documental existe como recordatorio de que o sistema xudicial é garante de xustiza e para probar a existencia dunha montaxe policial con cobertura política e mediática.
Enlace ao documental: https://www.youtube.com/watch?v=BF28b04mhck
Enlace ao blog que escribía Patricia Heras: https://poetadifunta.blogspot.com/