AS DÚAS BEIRAS

with Non hai comentarios

Onte Vigo debuxou un cadro baixo a chuvia cheo de arte e reivindicación. Na segunda xornada de Hai Pontes. Catro días para debuxar a radiografía dun oco. diferentes grupos das artes escénicas invadiron a céntrica Rúa Príncipe e os seus arredores. Xs bolivianos Teatro Trono, achegáronnos un acto que fai parte da súa Caravana Descolonizadora: “El Matrimonio del Soldadito” unha crítica á violencia de xénero que adoita non percibirse a simple vista. Avelina Peréz rachou coa indiferenza do privado expoñendo publicamente o seu “Deixádenos Comer Tranquilos”, as Ghatas Salvaxes tomaron a rúa para reivindicar o espazo público para as mulleres libre de violencia patriarcal, os grupos vigueses Teatro Ensalle e Anómico Teatro sacan da monotonía cotiá á cidade, botándose a cantar dende distintos puntos para crear un concerto desconcertante, mentres unha performance na que se puña a proba un traxe invisible pesquisaba aos transeúntes se vían a quen puña a proba dito traxe.

Xa pola tarde reunímonos no café De Catro a Catro onde, da man do Laboratorio Fantoche, desfrutamos dunha sesión do teatro de monicreques (coa obra “Ni Pío”) e dun breve monólogo(“La Corona , la Espada y el Traje de Peluche”) que afonda nos medos cotiáns que temos e as “corazas” que nos contruímos para evitar afrontalos.

Como última interacción do día achegámonos á sala do Teatro Ensalle onde Teatro Trono ofreceunos “Arriba El Alto” que, a través das súas personaxes de distintas clases sociais, imbúenos, na cultura e o cotián da cidade de El Alto e como foi mudando co paso dos anos, facendo a súa vez remexer as conciencias das persoas que asisten a este espectáculo.

Xa no final desta segunda xornada de Hai Pontes abrimos un novo punto de confluencia onde seguimos afondando no oco que hai entre o mundo da cultura e o activismo social. O debate xirou en torno á sociedade e a cultura, pero nesta ocasión afondamos no que significan, as distintas formas de construírse e a relación existente entre elas. No debate profundamos nas distintas realidades organizativas e sociais, ademáis das extratexias para achegar a cultura a sociedade e viceversa.

Hoxe continuamos coas xornadas!! Desprazámonos ata o paseo do Calvario para desenvolver diferentes interaccións e logo Trasluz Teatro (De Catro a Catro, 17:00) e Teatro Trono (Teatro Ensalle, 19:00), serán o camiño a seguir ata un novo punto de confluencia onde o debate volverá percorrer a sala.

Máis información:

https://www.facebook.com/events/1240489362665111/

http://pontes.ecoarglobal.org/