TECENDO PONTES
with Non hai comentarios

Onte demos por rematadas as xornadas Hai Pontes: Catro días para debuxar a radiografía dun oco. Como colofón destes catro días de análise, acción e debate, decidimos darlle remate á radiografía que levamos confeccionando durante este tempo para achegar as estratexias e alianzas coas que tender pontes entre as artes escénicas e o activismo social. Para isto démonos cita unha vez máis no Teatro Ensalle, onde nun debate que se alongou máis do esperado, falamos das pautas xerais que se … Ler máis

UNHA RADIOGRAFÍA DO OCO
with Non hai comentarios

Na terceira xornada de Hai Pontes. Catro días para debuxar a radiografía dun oco cambiamos o escenario á zona peonil do histórico barrio do Calvario para volver revoltar a cidade. O Treatro Trono voltou representar “El Matrimonio del Soldadito” para visibilizar unha crítica á violencia de xénero. Mentres Avelina Peréz rachou coa indiferencia do privado, as Ghatas Salvaxes fixeron unha homenaxe ás vítimas de Rana Plaza (“3564”), e xs vigueses de Teatro Ensalle e Anómico Teatro racharon coa monotonía da … Ler máis

AS DÚAS BEIRAS
with Non hai comentarios

Onte Vigo debuxou un cadro baixo a chuvia cheo de arte e reivindicación. Na segunda xornada de Hai Pontes. Catro días para debuxar a radiografía dun oco. diferentes grupos das artes escénicas invadiron a céntrica Rúa Príncipe e os seus arredores. Xs bolivianos Teatro Trono, achegáronnos un acto que fai parte da súa Caravana Descolonizadora: “El Matrimonio del Soldadito” unha crítica á violencia de xénero que adoita non percibirse a simple vista. Avelina Peréz rachou coa indiferenza do privado expoñendo … Ler máis

HABITANTES DO OCO
with Non hai comentarios

Hoxe botou a andar Hai Pontes. Catro días para debuxar a radiografía dun oco. Dende hoxe e ata o vindeiro sábado iremos afondando no papel das artes escénicas para mudar “o social” e o do activismo para mudar “o cultural”, ao tempo que buscaremos tecer alianzas entre ámbolos dous mundos. Hoxe ás 17:00 o Teatro Ensalle de Vigo acolleu o primeiro dos catro espazos de debate que se realizarán estes días. Desta volta, o punto de confluencia, centrouse en como … Ler máis

XORNADAS DE ARTES ESCÉNICAS E ACTIVISMO: HAI PONTES. CATRO DÍAS PARA DEBUXAR A RADIOGRAFÍA DUN OCO
with Non hai comentarios

Entre o 10 e o 13 do vindeiro mes de Maio desenvolveranse en Vigo unhas xornadas organizadas por ECOAR))) e o Teatro Ensalle, baixo o título  “Hai Pontes: Catro días para debuxar a radiografía dun oco”, que pretenden debater sobre os procesos de construción social e cultural, así como reflexionar sobre os posibles espazos de confluencia entre o mundo das artes escénicas e o activismo social. Para levar ao cabo este proceso as xornadas contarán con persoas e grupos de … Ler máis