O PRIMEIRO PASO: PROBLEMÁTICAS E OPORTUNIDADES DO ACTIVISMO DIXITAL

with 7 Comentarios

O pasado día 17 en Compostela, botaron a andar as Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder. O primeiro paso deste camiño para a análise das problemáticas e alternativas na comunicación actual que percorreremos até o día 8 de Decembro, démolo acompañadxs de José Candón, que a través de súa dilatada experiencia no mundo da comunicación, o activismo e as novas tecnoloxías, nos retratou a súa visión do activismo dixital e as contradicións que representa internet.

Ás 9 da tarde démonos cita na Gentalha do Pichel para escoitar a José Candón, nunha palestra que se titulaba “Unha gaiola con fiestras: Riscos e oportunidades para o activismo dixital”. José comezou facendo un repaso dos riscos que supoñen as novas tecnoloxías para o activismo, facendo un repaso histórico sobre as problemáticas que se lle atribúen a internet, comparándoas coas que se lle atribuíron a outras tecnoloxías como o teléfono, a radio ou a imprenta, sinalando a repetición dos debates a través da historia –como por exemplo que o telefono ía facer que a xente non sairá xa da casa, aínda que paradoxalmente o tempo demostrou que era ao revés–. Sobre a habitual polémica do “activismo de clic”, sinalou que esta deuse no seu día coa prensa pero que a nivel real, comunicación e política non se poden separar. Despois de tratar estes e outros riscos, como a censura, a vixilancia na rede, ou o erro de ceder voluntariamente os nosos datos en internet e a desprotección que iso pode supoñer, pasamos ás “fiestras”. Nesta parte da charla José analizou o papel que tivo internet, por exemplo na difusión de movementos como o levantamento zapatista, as Primaveras Árabes, ou a presión que exerce internet sobre os medios tradicionais á hora de contrastar novas falsas. Ademais, tamén salientou o papel das filtracións de Wikileaks ou Edward Snowden á hora de destapar a vixilancia e outras cuestións. E por último as vantaxes de organización, loxísticos e económicas, que supoñen para o activismo.

Despois dun pequeno debate, demos por rematada esta primeira xornada na que reflexionamos sobre o papel que xoga internet á hora de facer activismo, despedíndonos para dirixirnos a Vigo onde tería lugar a segunda palestra das Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder que aterrarán en distintas poboacións (A Coruña, Madrid, Montpellier, Montreal e Vigo) para seguir analizando as problemáticas e alternativas da comunicación.

 

Máis Información:

https://comunicacioncontrapoder.ecoarglobal.org/

Vídeo da charla

Interésache:

QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 

7 Responses

  1. […] O PRIMEIRO PASO: PROBLEMÁTICAS E OPORTUNIDADES DO ACTIVISMO DIXITAL […]

  2. […] O PRIMEIRO PASO: PROBLEMÁTICAS E OPORTUNIDADES DO ACTIVISMO DIXITAL […]

  3. […] O PRIMEIRO PASO: PROBLEMÁTICAS E OPORTUNIDADES DO ACTIVISMO DIXITAL […]

  4. […] O PRIMEIRO PASO: PROBLEMÁTICAS E OPORTUNIDADES DO ACTIVISMO DIXITAL […]

  5. […] O PRIMEIRO PASO: PROBLEMÁTICAS E OPORTUNIDADES DO ACTIVISMO DIXITAL […]

  6. […] O PRIMEIRO PASO: PROBLEMÁTICAS E OPORTUNIDADES DO ACTIVISMO DIXITAL […]

  7. […] O PRIMEIRO PASO: PROBLEMÁTICAS E OPORTUNIDADES DO ACTIVISMO DIXITAL […]