CUARTO PASO: A PUBLICIDADE COMO FERRAMENTA DO PODER

with 3 Comentarios

O pasado 24 de Novembro démonos cita unha vez máis na Coruña para seguir esta senda que nos está a servir para desentrañar a comunicación e a súa relación co poder político e as transnacionais. Demos un cuarto paso xunto con  Antonio Caro no marco das Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder, que nos serviu para achegarnos ás implicacións que ten a publicidade no ámbito da comunicación e como afecta ás nosas vidas e sociedades.

Nesta palestra que levou por título “A publicidade como instrumento do poder”, Antonio puxo na mesa a construcción da publicidade no mundo contemporáneo. O primeiro problema que sinalou é que á publicidade actualmente non se lle da valor polo que a investigación sobre ela é prácticamente nula. Isto provoca que a publicidade sexa usada para inocular a ideoloxía capitalista na poboación; a fórmula usada é a través da promoción do consumismo como fin último da existencia. Tamén comentou que actualmente os medios de comunicación masivos son totalmente dependentes dos ingresos que lles da a publicidade, o que contribúe a converter aos medios en servidores das grandes transnacionais. Por último analizou como a semiótica foi instrumentalizada a través do “marketing”.

Estamos xa no ecuador das Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder. Con esta palestra afondamos unha vez máis nunha parte concreta da comunicación como é a publicidad. Seguiremos analizando a comunicación o sábado 25 de novembro en Vigo con Magda Bandera, directora da revista La Marea e a súa palestra títulada “Mitos sobre a presunta revolución dixital nos medios”. Non faltedes, pasaremos lista!

 

Máis Información:

https://comunicacioncontrapoder.ecoarglobal.org/

Vídeo da charla

Interésache:

QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O PRIMEIRO PASO: PROBLEMÁTICAS E OPORTUNIDADES DO ACTIVISMO DIXITAL

SEGUNDO PASO: LIBERDADE DE PRENSA DENDE A TRANSICIÓN ATÉ HOXE

TERCEIRO PASO: REALIDADES FRAGMENTADAS, PERIGOS DA INFORMACIÓN

 

3 Responses

  1. […] CUARTO PASO: A PUBLICIDADE COMO FERRAMENTA DO PODER […]

  2. […] CUARTO PASO: A PUBLICIDADE COMO FERRAMENTA DO PODER […]

  3. […] CUARTO PASO: A PUBLICIDADE COMO FERRAMENTA DO PODER […]