QUINTO PASO: A SITUACIÓN DE EMERXENCIA NO ACCESO Á INFORMACIÓN

with Non hai comentarios

O pasado sábado 25 de Novembro seguimos percorrendo este camiño que nos está axudando a analizar a comunicación no mundo actual, cun quinto paso das Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder. Este démolo con Magda Bandera, directora da revista La Marea, que nos achegou a súa visión sobre o que supoñen os medios dixitais a día de hoxe.

Esta palestra  que levaba por título “Mitos sobre a presunta revolución dixital nos medios”, comezou cunha introdución sobre os puntos de inflexión que se foron dando no século XXI dende o cumio de Xénova de 2001 até o 15M, analizando como se relacionaron a comunicación e o activismo, poñendo de exemplo o caso de Indymedia e dando unha visión sobre os perigos e vantaxes deste tipo de medios. Neste sentido explicou a necesidade dun periodismo profesional, que avogue por información contrastada, estruturada e de calidade. Tamén sinalou os hábitos actuais de acceso á información e como isto condiciona á hora de construír os medios de comunicación, como por exemplo o fenómeno dos artigos con titulares reclamo. Outro dos puntos nos que incidiu foi na financiación e a hexemónica presencia de certas fundacións á hora de ver como se financian algúns medios alternativos. Por último analizou como a falta de mulleres no periodismo e en postos de responsabilidade nos medios inflúe á hora de construír a información.

Xa pechando a palestra Magda deixounos a cuestión central, “Que tipo de medios queremos?”, na que a bo seguro seguiremos reflexionando. Con esta palestra estámonos achegando xa ao final das Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder que despois de pasar por Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, partirán agora a Montreal con Dmitri Vitaliev nUniversidade McGill o próximo día 8 de decembro, cunha palestra que se titula “Manipulando a rede. Historias de censura e seguridade defensiva” e a Montpellier con Philippe Corcuff o mesmo día no Espace Martin-Luther-King e súa charla Crítica dos media e emancipación no mundo actual Vémonos!

 

 

 

 

 

Máis Información:

https://comunicacioncontrapoder.ecoarglobal.org/

Vídeo da charla

Interésache:

QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O PRIMEIRO PASO: PROBLEMÁTICAS E OPORTUNIDADES DO ACTIVISMO DIXITAL

SEGUNDO PASO: LIBERDADE DE PRENSA DENDE A TRANSICIÓN ATÉ HOXE

TERCEIRO PASO: REALIDADES FRAGMENTADAS, PERIGOS DA INFORMACIÓN

CUARTO PASO: A PUBLICIDADE COMO FERRAMENTA DO PODER