Na terceira xornada de Hai Pontes. Catro días para debuxar a radiografía dun oco cambiamos o escenario á zona peonil do histórico barrio do Calvario para volver revoltar a cidade. O Treatro Trono voltou representar “El Matrimonio del Soldadito” para visibilizar unha crítica á violencia de xénero. Mentres Avelina Peréz rachou coa indiferencia do privado, as Ghatas Salvaxes fixeron unha homenaxe ás vítimas de Rana Plaza (“3564”), e xs vigueses de Teatro Ensalle e Anómico Teatro racharon coa monotonía da cidade cantando dende distintos puntos ao tempo que representaron unha performance na que se puña a proba un traxe invisible.
As 5 da tarde o café De Catro a Catro abriu as súas portas para que puideramos presenciar a proposta de Trasluz Teatro, Otelo: A farsa do fazzoletto, unha farsa baseada na obra de Otelo de Shakespeare, que decorreu en dúas sesións. Continuando coas interaccións da tarde Teatro Trono representou por segunda vez Arriba El Alto, con público renovado voltaron facernos atravesar pola historia da súa cidade.
Para rematar o día, volvemos xuntarnos neste terceiro día nun novo Punto de Confluencia, para seguir construíndo esa radiografía que precisamos para encher un oco que debe desaparecer. Desta volta somerxémonos nun debate no que tratamos como se produce a cultura e como se rexen as relacións das persoas dentro dela rematando o debate coa idea de fondo de como poñer en marcha a creación de contracultura. Puxemos na mesa a necesidade de crear un tecido estable, ou o interesante que pode ser compartir experiencias de realidades diversas.
Hoxe pecharemos as xornadas coa última interacción na mañá da man de Teatro Estepario (Teatro Estepario, 12:30) e co último Punto de Confluencia. Se estás interesadx non é tarde!! Achégate e participa da última xornada de Hai Pontes. Catro días para debuxar a radiografía dun oco.
Máis información:
https://www.facebook.com/events/1240489362665111/
http://pontes.ecoarglobal.org/