TECENDO PONTES

with Non hai comentarios

Onte demos por rematadas as xornadas Hai Pontes: Catro días para debuxar a radiografía dun oco. Como colofón destes catro días de análise, acción e debate, decidimos darlle remate á radiografía que levamos confeccionando durante este tempo para achegar as estratexias e alianzas coas que tender pontes entre as artes escénicas e o activismo social. Para isto démonos cita unha vez máis no Teatro Ensalle, onde nun debate que se alongou máis do esperado, falamos das pautas xerais que se poderían  seguir para a creación dunha nova sociedade e unha nova cultura.

Péchanse estas xornadas que nos permitiron, a persoas e grupos de diferentes percorridos e latitudes, construír un espazo de debate e encontro para os mundos da cultura e o activismo social. Dúas caras dunha mesma moeda que teñen a obriga de se concebir simbioticamente se se pretende avanzar cara a unha sociedade e culturas máis xustas.

Iniciamos agora un novo camiño!! A vindeira meta é Hamburgo!! En xullo estaremos amosando o noso rexeitamento frontal ás políticas neoliberais do G20 que buscan beneficiar ás transnacionais por riba das persoas e o planeta!! .“Somos moitxs!! Facemos moito ruído!! O mundo vai escoitarnos!!”