ENDE GELÄNDE: PREPARÁNDONOS PARA FREAR A MINA

with 1 comentario
ENDE GELÄNDE!

Nesta nova xornada de Ende Gelände erguémonos cedo para acudir a asemblea da mañá, na que participamos máis de 800 activistas de diversos colectivos onde nos informamos dos distintos aspectos chave das accións, o contexto, os riscos e como organizarnos para levalas a cabo. Para rematar a mañá presentáronse os distintos grupos de traballo que fan posible o bo funcionamento do Klimacamp, e ao final, os grupos de acción contáronnos brevemente sobre eles, entre os que se atopaban: Replace Coal, Beyond The Red Line, Zucker Im Tank e Ende Gelände.

Dende a hora de xantar e até pola tarde, xa como grupo de afinidade, estivemos analizando as distintas accións e en cal iamos participar, tendo en conta as nosas forzas e posibilidades, co obxectivo principal de facelo de forma segura e efectiva.

Na tarde voltamos a reunirnos no plenario para seguir coñecendo con detalle como serán as accións que se desenvolveran dende hoxe, ademais dalgunhas que xa tiveron lugar onte, como a do “finger” verde que saíu facendo unha manifestación en bicicleta que levaba por título “Animal Climate Action”. Hoxe entre as diversas accións terán lugar o bloqueo dunha central eléctrica encabezado polo colectivo Replace Coal; tamén partirán cara a mina os distintos grupos temáticos chamados “fingers”, entre os que atopamos un con perspectiva feminista e queer, outro centrado na agricultura, ou o laranxa baseado na mobilidade, ademais da subida do nivel do mar, cada un situarase na mina en distintos puntos con variadas accións que inclúen batucadas, bloqueos ou mesmo a gravación dun documental.

Mina de Garzweiler

Para o sábado está prevista a acción titulada “Liña Vermella” na que máis de 2000 activistas partirán dende o Bosque de Hambach para cortar a vella autovía A4, rematando nun dos pobos que destruíu a actividade mineira. Por último plantexouse a idea de lanzar un manifesto conxunto feito entre as persoas presentes. Seguimos hoxe máis!

Máis información:

https://www.ende-gelaende.org/es/(en castelán)

http://www.klimacamp-im-rheinland.de/en/(en inglés)

http://www.disobedience.live/en(en inglés)

https://www.climateactionmap.com(en inglés)

Interésache:

ENDE GELÄNDE: ATERRANDO EN RENANIA

ENDE GELÄNDE 2017: POÑER FIN AO CARBÓN ÁS BEIRAS DO RIN

KLIMACAMP E O ANUNCIADO FINAL DE IMMERATH

One Response

  1. […] ENDE GELÄNDE: PREPARÁNDONOS PARA FREAR A MINA […]