PÓRLLE FREO Á CENTRAL DE NEURATH

with 3 Comentarios
“Pink/Black finger”

No día de onte voltamos acudir ao plenario no que 300 activistas nos reunimos para actualizar a información sobre as accións e grupos que xa estaban en marcha ou a piques de saír, o cal nos serviu para ter o contexto e organizarnos de forma efectiva para pórlle freo a actividade en Garzweiler e a central de Neurath.

Tralo remate da asemblea adicamos o tempo a preparar os materiais necesarios para a acción ante a posibilidade de ter contacto coa policía e para pasar de forma segura a noite na mina. Unha vez tivemos o material listo, saímos xunto a un par de compañeirxs do “blue finger” do campamento para facer recoñecemento do terreo no que terá lugar a acción de hoxe, e as vías de acceso.

Bloqueo das vías.

Ao longo de todo o día fóronnos chegando informacións do que sucedía nas distintas accións que buscaron paralizar a actividade mineira e da central eléctrica de Neurath, propiedade da empresa RWE, a segunda maior empresa do sector en Alemaña. O bloqueo das vías de acceso do carbón por 5 horas conseguiu reducir a produción da central nun 37%. Na zona que estaba a bloquear o “finger” verde producíronse altercados coa policía que se saldaron con feridxs leves e detencións. A última hora da noite todos os “fingers” menos o vermello xa foran desaloxados.

Campamento ao leste da mina.

Ao longo da tarde trasladámonos xa ao campamento de acción no leste da mina, posto que a central eléctrica e as principais saídas de carbón atópanse nesta zona da mina, o cal facilitará a loxística e desenvolvemento eficaz da acción. Xa para rematar o día reunímonos xs activistas que imos formar parte do “blue finger”, que representa o bloque internacional; un/ha representante de cada grupo explicou a planificación para a noite e os detalles para o comezo da acción hoxe pola mañá. Hoxe máis, somos imparables!! Que queremos? Xustiza Climática! Cando a queremos? Agora!

Máis información:

https://www.ende-gelaende.org/es/(en castelán)

http://www.klimacamp-im-rheinland.de/en/(en inglés)

http://www.disobedience.live/en(en inglés)

https://www.climateactionmap.com(en inglés)

Interésache:

ENDE GELÄNDE: ATERRANDO EN RENANIA

ENDE GELÄNDE 2017: POÑER FIN AO CARBÓN ÁS BEIRAS DO RIN

KLIMACAMP E O ANUNCIADO FINAL DE IMMERATH

ENDE GELÄNDE: PREPARÁNDONOS PARA FREAR A MINA

 

3 Responses

  1. […] PÓRLLE FREO Á CENTRAL DE NEURATH […]

  2. […] PÓRLLE FREO Á CENTRAL DE NEURATH […]

  3. […] PÓRLLE FREO Á CENTRAL DE NEURATH […]