SUSPENSIÓN DA TALLA DO BOSQUE DE HAMBACH

with Non hai comentarios

O pasado 5 de outubro un tribunal alemán ordenou a suspensión temporal da talla do Bosque de Hambach, convertido nos últimos meses en símbolo da loita climática e do rexeitamento ao uso de enerxías fósiles.

A decisión foi tomada polo Tribunal da cidade de Münster en resposta a un procedemento de urxencia iniciado pola organización ambientalista BUND, que perseguía poñer fin ao corte masivo de árbores levado ao cabo para gañar superficie para unha mina de carbón, propiedade da compañía RWE. O punto clave do freo é a Directiva de Hábitats da Unión Europea cuxo obxectivo salvagardar especies protexidas como a do morcego Bechstein, que habita no Bosque de Hambach.

Esta decisión chega como un sopro de aire fresco despois de que xs activistas, que levan anos resistindo no bosque, tiveran que facer un esforzo titánico para non ser desaloxadxs ante a inminente talla. O resultado foron decenas de detidxs e un xornalista morto nun accidente. A decisión fixo que o 6 de outubro houbera unha celebración que sacudiu toda Alemaña.

RWE sinalou que unha sentenza final do caso podería durar até finais de 2020. A xigante eléctrica argumenta que a expansión da mina é necesaria para continuar abastecendo ás centrais de carbón da zona. Pola contra xs maxistradxs non consideran que a empresa poida aportar probas de esta afirmación.

Máis información:

https://bosque.hambachforest.org/ (En Castelán)

Interésache:

O BOSQUE DE HAMBACH CONTRA RWE

O BOSQUE DE HAMBACH, EXEMPLO DE RESISTENCIA CLIMÁTICA