‘EUROPE BEYOND COAL’: CONTA ATRÁS PARA O FIN DO CARBÓN

with Non hai comentarios

2030 é a data límite para reducir o consumo de carbón en polo menos dous terzos. É dicir, estamos a 12 anos de evitar a suba da temperatura global e evitar así as súas catastróficas consecuencias. O carbón é a causa principal de 19.500 mortes prematuras ao ano en Europa e os custos por problemas de saúde asociados chegan até 54 mil millóns de euros ao ano na Unión Europea.

Por todo isto, demos un paso máis para pórlle freo ás emisións de CO2 de carbón e Europe Beyond Coal será a nosa coalición paraugas para as movilizacións da campaña de Un Futuro Sen Carbón para a semana do 26 de novembro ao 2 de decembro, previas ao comezo da COP24 en Polonia, que no estado español ten o nome de “Un Futuro sen Carbón”. Adherímonos a estas movilizacións co obxectivo firme de seguir construíndo alternativas e resposta social que visibilizen o rexeitamento da sociedade civil ao uso de enerxías fósiles, que son as principais culpables do cambio climático.

Por último, estes días está a ter lugar un ano máis Ende Gelände, que xa coñeceredes pola nosa participación en edicións pasadas. Faremos seguimento. Permanecede atentxs. POR UN FUTURO SEN CARBÓN!

Máis información:

https://beyond-coal.eu/ (Inglés)

https://www.ende-gelaende.org/ (Castelán)

Interésache:

UN DEDO AZUL PARA FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO

SUSPENSIÓN DA TALLA DO BOSQUE DE HAMBACH

CONSTRUÍNDO OS ALICERCES PARA LIBERARNOS DO CARBÓN