O día 11 de febreiro deu comezo a Longa Marcha baixo o lema “pola paz e a democracia – liberdade para Abdullah Öcalan” que, xunto medio centenar de activistas, levaranos a percorrer varios territorios ao longo de Europa, tendo como punto de partida a cidade de Luxemburgo.
A marcha, que reúne a activistas do movemento de liberación kurdo así como a diversxs activistas de organizacións internacionalistas, ten por obxectivo central sinalar a situación pola que atravesa o pobo curdo na actualidade e esixir a liberación do líder do Movemento de Liberación Curdo Abdullah Öcallan, que este ano cumpre 20 anos de reclusión en total illamento nun cárcere turco.

Ás 10 da mañá démonos cita fronte ao edificio da Corte de Xustiza Europea en Luxemburgo. Tras unha pequena rolda de prensa na que, xunto a activistas de orixes diversas (Cerdeña, Francia, Portugal, Aragón, Cataluña,…), falamos sobre a nosa participación, emprendemos a marcha e logo dunha parada nunha praza diante do Ministerio do Interior na que lemos o manifesto, rematamos percorrendo a cidade berrando lemas como: “Jîn, jiyan, azadî!” (Muller, vida, liberdade), “Solución política para Kurdistán!” ou “Liberdade para Öcalan!”. Despois de facer un descanso para comer collemos o autobús que nos levará até Francia onde descansaremos e recargaremos forzas.

Dende Francia continuaremos marchando co obxectivo de visibilizar a loita do pobo kurdo e a liberación de Öcalan. Ao longo do percorrido uniranse outrxs compañeirxs e terán lugar charlas e seminarios como, por exemplo, o que impartirán xs compañeirxs do Comité Jineolojî. A marcha rematará na cidade de Estrasburgo onde esixiremos ás distintas institucións europeas que cumpran coas súas responsabilidades. Aínda queda percorrido, sigue connosco!
Máis información:
One Response
ESTRASBURGO: PAZ, DEMOCRACIA E LIBERDADE PARA O CURDISTÁN - EN ACCIÓN)))
[…] LUXEMBURGO: ARRINCA A LONGA MARCHA […]