ENDE GELÄNDE: DETEÑAMOS O CARBÓN, PROTEXAMOS O CLIMA!

with 1 comentario

Un ano máis achegámonos a Renania (Alemaña) á beira do Rin, para porlle freo aos combustibles fósiles. Cada ano se fai máis urxente facer que o carbón permaneza baixo terra, por iso imos berrar ben forte “Ende Gelände, deteñamos o carbón, protexamos o clima!”

No top 10 de empresas máis contaminantes de 2018 na UE, Alemaña leva o premio gordo con 7 centrais de lignito. A pesar da, cada vez máis urxente, necesidade de frear as emisións de CO2, Alemaña non pon freo definitivo á extracción de lignito para a súa queima. A súa campaña internacional falando das virtudes das enerxías renovables está baleira debido a intereses da súa política local.

O obxectivo de limitar o aumento da temperatura global a 1,5 graos centígrados para frear os efectos máis perigosos do cambio climático, confronta directamente co modelo capitalista actual e a súa lóxica de crecemento perpetuo e infinito que necesita do consumo de materias primas finitas. Precisamos un modelo enerxético alternativo que non estea en mans de grandes transnacionais, democrático e descentralizado. Un modelo sustentable que asegure a protección do medio ambiente e respecte os dereitos fundamentais das persoas.

Este 2019, do 19 ao 24 de Xuño, interromperemos o proceso de produción da empresa alemá RWE na zona de lignito de Renania xunto a centos de persoas de diversos colectivos vidos de diferentes partes do globo. A través de accións diversas de desobediencia civil crearemos un símbolo internacional contra a queima de carbón e os combustibles fósiles. Diremos ben alto: Ende Gelände paremos o carbón! A crear xustiza climática!

Máis información:

Ende Gelände(Castelán)

Interésache:

O FUTURO DE GALIZA SERÁ SEN CARBÓN

UN DEDO AZUL PARA FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO

One Response

  1. […] ENDE GELÄNDE: DETEÑAMOS O CARBÓN, PROTEXAMOS O CLIMA! […]