2000 ACTIVISTAS PARA BLOQUEAR A MINA DE GARZWEILLER

with 3 Comentarios

O día 22 de xuño moi cedo, facendo parte do “golden finger” saímos baixo escolta da policía alemá, xunto a máis de 2000 activistas atravesamos a poboación de Hochneukirch con dirección a Garweiller, co obxectivo de bloquear a mina a ceo aberto propiedade de RWE.

Garzweiler, que cobre 48 quilómetros cadrados, subministra lignito ás centrais eléctricas da rexión. Segundo un estudo de 2014, realizado por Carbon Market Data, RWE emite o 0,5 por cento das emisións globais de dióxido de carbono.

O compromiso do Goberno Alemán de fechar as centrais de carbón para o 2038 é insuficiente para evitar a aceleración do cambio climático e cumprir o obxectivo de non superar o aumento de 1,5 º C, por este motivo, mentres noutras poboacións cércanas como Keyenberg se realizaban actos de protesta pola ameaza que sofren debido a cércana zona  mineira, nós decidimos bloquear a mina de Garzweiler para frear o subministro e chamar a atención sobre a necesidade dunha muda no modelo enerxético.

Ao chegar ao recinto da mina vímonos na obriga de  romper o cordón policial. Descendendo polos outeiros da mina chegamos ata a zona inferior,  onde nos atopamos con máis forzas de seguridade. Estas ameazaron cun desaloxo pola forza ao que xs activistas respondemos cunha sentada que provocou que a policía, finalmente, tivera que sacarnos persoa por persoa. Neste proceso varixs activistas fomos detidxs, mentres un pequeno grupo resistiu ata ben entrada a madrugada.

Un ano máis conseguimos visibilizar o grave problema que supón o alongamento do uso das enerxías fósiles e con voz ben firme berramos “Que queremos? Xustiza Climática! Cando a queremos? Xa!” e “Somos imparables! Outro mundo é posible!”.

Máis información:

Ende Gelände(Castelán)

Interésache:

ENDE GELAENDE: INICIAMOS A ACCIÓN!

ENDE GELÄNDE: DETEÑAMOS O CARBÓN, PROTEXAMOS O CLIMA!

3 Responses

  1. […] 2000 ACTIVISTAS PARA BLOQUEAR A MINA DE GARZWEILLER […]

  2. […] 2000 ACTIVISTAS PARA BLOQUEAR A MINA DE GARZWEILLER […]

  3. […] 2000 ACTIVISTAS PARA BLOQUEAR A MINA DE GARZWEILLER […]