EMERXENCIA CLIMÁTICA: O MUNDO MOBILÍZASE

with Non hai comentarios

Durante a semana do 20 ao 27 de setembro, xente de todas as partes do mundo mobilizouse para esixir aos poderes dos distintos Estados accións decisivas contra a crise climática que ameaza a vida do planeta. A Folga Global Climática é unha mobilización impulsada orixinariamente por Fridays For Future e que cada unha das comunidades desenvolverá a través de diferentes organizacións e estruturas (2020 Rebelión polo Clima, Extinction Rebellion…)1,2.

As demandas clave das mobilizacións son 33:

  • Que xs políticxs digan a verdade sobre a crise climática e que declaren a emerxencia climática.
  • Os gobernos deben pór en marcha de forma inmediata medidas para facer fronte á crise climática.
  • Os gobernos deben fomentar a creación de asembleas cidadás sobre clima e xustiza ecolóxica e asumir os acordos que estas tomen.

As mobilizacións foron masivas durante toda a semana en todo o mundo, con actos e accións de moi diverso carácter que finalizaron cunha folga masiva o día 274. Paros e manifestacións en escolas e universidades5, marchas en cidades de todo o globo6 ou performances como a das Illas Salomón7 conformaron máis de 6.000 accións en 185 países8. Namentres, en paralelo, desenvolvéronse diversas actuacións de presión sobre xs gobernantes para poder cambiar a súa actuación perante a emerxencia climática, como a que Greta Thunberg realizou o 23 de setembro no Cumio Climático da ONU9.

Como resultado destas e de pasadas mobilizacións, distintos países e gobernos locais aprobaron xa a emerxencia climática: o Reino Unido10, Irland11a,  Canadá12 ou España13, así como Nova Iorq14, Sydney15 ou Bacólod16. Porén, esta declaración é principalmente simbólica e non necesariamente implica medidas de carácter vinculante. Estas medidas serían, para os grupos ecoloxistas, as acordadas nos Acordos de París17, baseadas nas conclusións do Grupo Intergubernamental de Expertxs sobre o Cambio Climático (IPCC)18,19

Máis a presión continúa! O día 7 de outubro tiveron lugar en diversas partes do planeta manifestacións e accións ecoloxistas20 que seguirán incrementándose progresivamente día a día21. A presión continua é un camiño preciso para materializar nas nosas conciencias e nas dxs gobernantes cambios que poidan frear, por fin, a emerxencia climática. O futuro está nas mans de todxs, e todxs somos responsables do camiño que tome!

1  https://es.globalclimatestrike.net/
https://www.fridaysforfuture.org/calendar
3  https://rebellion.earth/the-truth/demands/
4  https://earther.gizmodo.com/massive-climate-strikes-erupt-worldwide-for-the-second-1838521876
5  https://www.lavanguardia.com/vida/junior-report/20190916/47319397710/huelga-global-clima-jovenes-estudiantes.html
6  https://www.bbc.com/news/in-pictures-49767747
7  https://es.globalclimatestrike.net/4-millones/
8  https://globalclimatestrike.net/
9  https://www.theguardian.com/environment/2019/sep/23/greta-thunberg-speech-un-2019-address
10  https://www.london.gov.uk/what-we-do/environment/climate-change/london-climate-action-week-events/responding-climate-emergency-role-parliament
11  https://www.elperiodico.com/es/medio-ambiente/20190511/reino-unido-irlanda-emergencia-climatica-7449674
12  https://globalnews.ca/news/5401586/canada-national-climate-emergency/
13  http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/Iniciativas?_piref73_2148295_73_1335437_1335437.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=IW13&PIECE=IWC3&FMT=INITXD1S.fmt&FORM1=INITXLUS.fmt&QUERY=%28I%29.ACIN1.+%26+%28EMERGENCIA+CLIM%C3%A1TICA%29.ALL.&DOCS=5-5
14 https://www.theclimatemobilization.org/blog/nyc-declares-climate-emergency
15  https://www.sbs.com.au/news/the-city-of-sydney-has-officially-declared-a-climate-emergency
16  https://www.sunstar.com.ph/article/1815146
17  https://www.fridaysforfuture.org/about
18  https://www.wwf.es/informate/actualidad/?52001/Clamor-ciudadano-mundial-ante-la-emergencia-climatica
19  https://archive.ipcc.ch/home_languages_main_spanish.shtml
20  https://rebellion.earth/international-rebellion/worldwide/
21  https://rebellion.earth/international-rebellion/

Máis información:

Rebelión Polo Clima

Interésache:

ARRANCA A REBELIÓN POLO CLIMA: TOMAR A PONTE

CAMP IN GÁS: UN NOVO PASO CARA Á ESCALADA DE ACCIÓN

ECOAR))) PARTICIPA NO VINDEIRO CAMP IN GAS