QUE CAMBIARÁ COA DERROTA DE TRUMP?

with 2 Comentarios

O pasado 3 de novembro tiveron lugar as quincuaxésimo novenas eleccións presidenciais en Estados Unidos. Enfrontábanse, entre outrxs, o candidato Republicano e presidente saínte, Donald Trump, contra o candidato Demócrata, Joe Biden. Gañou este último, cun 51% dos votos, fronte ao 47,1% de Trump1 (datos a 24/11/20).

A presidencia de Trump, no poder dende xaneiro de 2017, foi desastrosa no referente a dereitos humanos. Algunhas das súas decisións, ou consecuencias destas, foron:

  • Políticas de separación de nenxs migrantes dxs seus/súas proxenitorxs.2
  • Temeraria xestión (ou simplemente nula) da pandemia Covid-19.3,4
  • Retirada de EEUU do Consello de Dereitos Humanos da ONU.5
  • Retirada de EEUU dos Acordos do Clima de París.6
  • Retirada de EEUU da UNESCO7
  • Récord de venda de armas en 2020.8
  • En xeral, un clima de polarización social, crises raciais, enfrontamentos sociais entre persoas de esquerdas e dereitas, etc.9

Con todo, a elección de Joe Biden dista de ser ideal para as clases máis empobrecidas de Estados Unidos, nin para as do planeta en xeral. Aínda que Biden comprometeuse a derrogar gran parte das disposicións que mencionamos, non sempre poderá. Por unha banda, precisará o apoio do Congreso, que se compón do Senado e da Cámara de Representantes. Inda que gañou esta última, a composición do Senado aínda non se decidiu, a pesar de que xs Republicanxs van por diante10. Doutra banda, Biden nunca foi especialmente pacifista11 nin progresista12 e o propio aparato do partido demócrata promocionou este perfil13 ante a irrupción nas primarias do candidato Bernie Sanders, moito máis proclive ao antibelicismo e as políticas sociais14.

Aínda así, é posible que a vida de millóns de persoas poida mellorar baixo esta presidencia. Biden fixo numerosos compromisos públicos15 e estará presionado para levalos a cabo16. Por iso, esta presión ten que exercerse dende o minuto 1 do seu mandato (prevese que tome posesión o 20/01/2021)17 e que nunca máis volva o fascismo á Casa máis poderosa do planeta. Nin con Trump, nin con outrx… nin con Biden.

1 https://www.nytimes.com/interactive/2020/11/03/us/elections/results-president.html
2 https://www.hrw.org/es/news/2019/07/16/estados-unidos-la-separacion-familiar-causa-danos-ninos-y-sus-familias
3 https://www.youtube.com/watch?v=fmhC5Rm20u0
4 https://www.thelancet.com/journals/lancet/article/PIIS0140-6736(20)30863-1/fulltext
5 https://www.youtube.com/watch?v=N6fbAIWJB3Q
6 https://www.youtube.com/watch?v=jP55meWlLt4
7 https://www.elplural.com/leequid/que-significa-la-retirada-de-estados-unidos-de-la-unesco_124231102
8 https://smallarmsanalytics.com/v1/pr/2020-10-03.pdf
9 https://jacobinmag.com/2020/11/donald-trump-presidency-far-right-fascism-nationalism
10 https://edition.cnn.com/election/2020/results/senate
11 https://www.mintpressnews.com/filthy-rich-war-hawks-make-joe-biden-foreign-policy-team/273039/
12 https://www.jacobinmag.com/2020/02/yesterdays-man-case-against-joe-biden-busing
13 https://www.jacobinmag.com/2020/11/extreme-center-war-on-the-left-socialism-organize-us-uk
14 https://nuso.org/articulo/el-fenomeno-sanders-y-el-socialismo-en-estados-unidos/
15 https://bidenhumanrightspriorities.amnestyusa.org/
16 https://www.eldiario.es/internacional/elecciones-eeuu-2020/evan-osnos-biografo-biden-ambicion-le-empuja-ahora-progresista-igual-le-empujo-conservador_128_6377097.html
17 https://www.jacobinmag.com/2020/11/joe-biden-administration-opposition-push-left

Máis Información:

https://www.democracynow.org/

https://jacobinmag.com/

https://www.mintpressnews.com/

Interésache:

O FMI E A AUSTERIDADE EN TEMPO DE PANDEMIA

QUE É A REPRESIÓN E COMO COMBATELA?

O POBO CHILENO SEPULTA POR FIN A PINOCHET

O MAS VOLVE GAÑAR EN BOLIVIA

2 Responses

  1. […] QUE CAMBIARÁ COA DERROTA DE TRUMP? […]

  2. […] QUE CAMBIARÁ COA DERROTA DE TRUMP? […]