BLACK FRIDAY: O PLANETA COMO MERCADORÍA

with 2 Comentarios

Unha vez máis achégase o Black Friday, esa festa do consumismo importada de Estados Unidos que terá lugar o próximo 27 de novembro e cuxos límites cada vez están máis difuminados, con “ofertas anticipadas” anunciadas masivamente por todos os medios dende varias semanas antes. Como sempre, dende a súa chegada a España en 2010, promoverá un consumo desmedido e innecesario á conta das necesidades creadas ás persoas e do benestar do planeta.

Este día xera moita expectación entre as grandes distribuidoras. Por exemplo, en España, segundo datos de Criteo do ano pasado1, houbo un incremento do 444% das vendas con respecto ás datas anteriores, e xs clientxs comezaban a consultar datos de prezos nas webs 43 días antes de media. Todo isto explica a razón pola cal esas “ofertas” (reais ou trucadas) cada vez chegan con maior antelación. Así mesmo, o impacto da Covid-19 supuxo que en España se consuman 3 produtos máis per capita durante o confinamento a través da venda en liña2.

As consecuencias do consumismo desmedido son graves para o planeta. Segundo informes de Greenpeace3, en 2020 a produción de plásticos aumentará 500 millóns de toneladas, un 900% máis que en 1980. Para facer fronte a ese nivel de consumo, se segue co ritmo de crecemento actual, incrementaranse 190 millóns de toneladas de emisións de CO2 en 2060.

Por outra banda, Black Friday non é unha campaña para que as persoas de poucos recursos consigan ofertas senón que é, na maior parte dos casos, un engano de márketing destinado a facernos comprar máis. Segundo datos da organización de consumidorxs inglesa Which?4, o 95% dos descontos podían atoparse polo mesmo ou menor prezo seis meses antes da data, e o 74% deles volvía conseguirse ao mesmo prezo seis meses despois.

Debemos tomar conciencia das consecuencias do consumismo desmedido. O vindeiro Black Friday tamén será o Día Internacional contra o Consumismo5. É un bo día para entrar nunha dinámica que cuestione o hipercosumismo e para negarnos a continuar seguíndolle a corrente a Amazon, Apple e a todxs aquelxs que queren enriquecerse á conta do medio ambiente, manipulándonos para vendernos cousas que non necesitamos. Xuntxs podemos paralo!

1 https://www.criteo.com/wp-content/uploads/2020/11/Criteo-Mini-Guide-Black-Friday-2020-EU-EN.pdf
2 https://www.sendcloud.es/wp-content/uploads/2020/09/Estudio-Ecommerce-Sendcloud-2020-2021.pdf
3 https://es.greenpeace.org/es/sala-de-prensa/informes/ranking-de-supermercados-eliminad-vuestro-maldito-plastico/
4 https://www.which.co.uk/reviews/black-friday/article/black-friday-deals-how-to-check-if-a-black-friday-deal-is-real-aKtJD2L0zJEt
5 https://www.ecologistasenaccion.org/809/dias-y-eventos-sobre-ecologia-y-medio-ambiente/

Máis Información:

MONITOREO DE PREZOS DA OCU

https://www.verificadordeofertas.com/

Interésache:

QUE CAMBIARÁ COA DERROTA DE TRUMP?

O FMI E A AUSTERIDADE EN TEMPO DE PANDEMIA

QUE É A REPRESIÓN E COMO COMBATELA?

O POBO CHILENO SEPULTA POR FIN A PINOCHET

2 Responses

  1. […] BLACK FRIDAY: O PLANETA COMO MERCADORÍA […]

  2. […] BLACK FRIDAY: O PLANETA COMO MERCADORÍA […]