G20: UNHA DERROTA PARA RIAD

with Non hai comentarios

O pasado 22 de novembro terminou un Cumio do G20 atípico, realizado de maneira virtual coa presidencia de Arabia Saudita. Unha vez máis reuniu aos/ás líderes das principais potencias económicas do mundo e da Unión Europea, ademais de 14 organizacións internacionais. O cumio rematou sen grandes avances máis aló do compromiso de financiar a vacinación contra a COVID19 dos países empobrecidos1.

A pesar da importancia adquirida nos últimos anos por parte do G20 como espazo deliberativo en política e economía internacional2, este ano os acordos alcanzados son máis ben pobres ou nulos, máis aló das boas palabras. Na declaración final, o grupo asegurou que achegará fondos para financiar aos países empobrecidos a fin de garantir o acceso ás vacinas contra a COVID-19. Esta medida foi criticada pola secretaría xeral do Cume Iberoamericano por deixar fóra a latinoamérica e o Caribe3, con todo resultou ser a única medida noable para axudar ás nacións máis empobrecidas, a pesar de que este tema era central na axenda do cumio. 

O documento final4 é reiterativo en medidas xa adoptadas durante este ano5, entre elas a suspensión da débeda aos países empobrecidos ata xuño de 2021, obviando a petición da ONU de estendela ata o fin do ano próximo. Tampouco se falou sobre o eventual acordo co FMI para a emisión do DEF, unha moeda nominal do Fondo, que podería servir a algúns países para encarar a crise provocada pola pandemia ao crear nova liquidez. Respecto ao Acordo de París, non houbo cambios. Todos o subscriben excepto EEUU, que segue fóra do mesmo6.

En definitiva, o 15ª Cume do G20 foi pouco máis que un escaparate de Arabia Saudita para lavar a súa imaxe internacional e atraer investidores a fin de diversificar a súa economía7. Á casa de Saud aínda lle persegue a sombra o asasinato do xornalista Jamal Kashoggi8, e a súa estratexia de presentarse como un país reformista en canto aos dereitos das mulleres foi denunciada por Amnistía Internacional9. A pesar disto, hai lugar para o optimismo: a seguinte edición do cume será presidida por Italia, onde existe unha forte resposta para este tipo de eventos. Isto permitirá presionar ás grandes potencias económicas a fin de que cheguen a acordos que beneficien ao planeta e respecten os Dereitos Humanos.

1 https://www.g20riyadhsummit.org/wp-content/uploads/2020/11/G20-Riyadh-Summit-Leaders-Declaration_EN.pdf 
2 https://g20.org/en/about/Pages/Participants.aspx 
3 https://www.eldiario.es/economia/secretaria-general-iberoamericana-considera-decepcionante-declaracion-lideres-g20_1_6454173.html 
4 https://www.g20riyadhsummit.org/wp-content/uploads/2020/11/G20-Riyadh-Summit-Leaders-Declaration_EN.pdf 
5 https://www.efe.com/efe/espana/economia/el-g20-suspende-la-deuda-de-los-paises-pobres-y-fmi-pide-esfuerzos-adicionales/10003-4222165 
6 https://treaties.un.org/Pages/ViewDetails.aspx?src=TREATY&mtdsg_no=XXVII-7-d&chapter=27&clang=_en 
7 https://www.swissinfo.ch/spa/un-g20-a-distancia-y-sin-brillo--lejos-de-lo-que-esperaba-arabia-saudita/46176778 
8 https://www.dw.com/es/jamal-khashoggi-conspiraci%C3%B3n-de-asesinato-en-el-consulado-saudita/av-55101003 
9 https://www.publico.es/internacional/mujeres-arabia-saudi-amnistia-internacional-g20-no-dejen-enganar.html

Máis Información:

G20.ORG

Interésache:

BLACK FRIDAY: O PLANETA COMO MERCADORÍA

QUE CAMBIARÁ COA DERROTA DE TRUMP?

O FMI E A AUSTERIDADE EN TEMPO DE PANDEMIA

QUE É A REPRESIÓN E COMO COMBATELA?