ETIOPÍA: OS NACIONALISMOS ÉTNICOS COMO FERRAMENTA POLÍTICA

with 3 Comentarios

Etiopía atravesa unha complexa situación política con conflitos externos e fortes tensións internas de tipo racial. O ascenso ao poder de Abiy Ahmed Ali1, líder do Partido da Prosperidade, pareceu iniciar un proceso democrático e de paz en todo o país, coa liberación de presxs e a legalización de grupos políticos2. Con todo, dous anos despois, este proceso non pode estar máis lonxe dos seus obxectivos.

O país ten máis de 80 etnias e relixións diferentes, con grandes conflitos entre elas. Así, no 1990, a Fronte Democrática Revolucionaria do Pobo Etíope (EPRDF) foi establecida, representando ás principais etnias do país (Tigray, Amhara, Oromo e Pobo do Sur), aínda que estaba liderado polxs Tigray. A EPRDF liderou o derrocamento da ditadura comunista en 1991 e estivo no poder até 2019, reestruturando as divisións administrativas en etnias e constituíndo un “federalismo étnico” onde os nacionalismos se institucionalizaron3.

Os pobos Amhara e Oromo cooperaron en 2018 para marxinar aos/ás Tigray, a antiga etnia “privilexiada”, pero posteriormente fortalecéronse os nacionalismos entre elas. Xs Oromo percibían que xs Amhara se beneficiaron historicamente do desequilibrio de poder a expensas do resto. Á súa vez, xs Amhara vían aos/ás Oromo como xs novxs donxs do poder, aínda que estxs seguisen percibíndose como vítimas históricas.

Cada grupo étnico etíope percibe a fraxilidade do Estado, a falta de representación política nas institucións, a opresión das minorías e a limpeza étnica en cada rexión dende a súa propia experiencia. Iso produciu un claro aumento do etnonacionalismo e a violencia contra o Estado, con desprazamentos a gran escala en todo o país e numerosos asasinatos4. Xs líderes políticxs utilizan a polarización da poboación, baseada na competencia económica por recursos escasos, para lograr os seus obxectivos nas institucións.

A semellanza do que ocorre en moitas zonas do planeta, a raíz dos problemas da poboación etíope é o populismo das súas elites e as diferenzas de clases sociais, non un problema étnico. Mentres a poboación non asuma isto pola súa conta (que o fará), o goberno de Abiy Ahmed debe facer fronte a esa violencia inter-étnica, modificando un sistema administrativo que fomenta a competencia política vinculada á etnia.

1 https://www.bbc.com/mundo/noticias-50011711
2 https://www.amnesty.org/es/latest/news/2018/01/ethiopia-release-of-hundreds-of-detainees-must-lead-to-freedom-for-all-remaining-prisoners-of-conscience/
3 https://esdepolitologos.com/el-conflicto-etnico-en-etiopia-que-ha-puesto-en-duda-el-federalismo/
4 https://elpais.com/internacional/2020-07-01/mas-de-50-muertos-en-etiopia-en-los-disturbios-por-el-asesinato-de-un-musico.html

Máis Información:

https://esdepolitologos.com/el-conflicto-etnico-en-etiopia-que-ha-puesto-en-duda-el-federalismo/

Interésache:

G20: UNHA DERROTA PARA RIAD

BLACK FRIDAY: O PLANETA COMO MERCADORÍA

QUE CAMBIARÁ COA DERROTA DE TRUMP?

O FMI E A AUSTERIDADE EN TEMPO DE PANDEMIA

3 Responses

  1. […] ETIOPÍA: OS NACIONALISMOS ÉTNICOS COMO FERRAMENTA POLÍTICA […]

  2. […] ETIOPÍA: OS NACIONALISMOS ÉTNICOS COMO FERRAMENTA POLÍTICA […]

  3. […] ETIOPÍA: OS NACIONALISMOS ÉTNICOS COMO FERRAMENTA POLÍTICA […]