PERÚ: GOLPE DE ESTADO… E REVOLUCIÓN

with 4 Comentarios

O pasado 10 de novembro dimitiu o Presidente do Estado peruano, Martín Vizcarra, despois de que o Congreso o declarase “incapacitado moral permanente”1. No seu lugar, tomou posesión no cargo Manuel Merino2 de Lama, xerando as maiores protestas dos últimos 20 anos no país3, farto das manobras da clase política4. Despois de só 5 días no cargo, obrigado polas protestas sociais, Merino dimitiu5. Finalmente, asumiu a Xefatura do Estado o político do Partido Morado, Francisco Sagasti6A primeira ministra será unha feminista, Violeta Bermúdez7.

O expresidente Vizcarra foi destituído como Xefe do Estado, por unha gran maioría do Congreso, por suposta corrupción8. Segundo a Constitución peruana, x seu/súa sucesor/a debería ser x vicepresidentx. Mais ese goberno, feble, non x tiña. En consecuencia, o cargo debía ser asumido polo presidente do Congreso, Merino, que pasou a ser Xefe do Executivo e do Lexislativo. Desta forma non se garantía a separación de poderes.

Porén, a destitución non semellaba, legalmente, un Golpe de Estado9. Se ben foi moi cuestionable10 e non foi avalada polo Tribunal Constitucional11. Tampouco contaba cunha xustificación coherente12  nin co respaldo popular (Merino apenas recibira 5.000 votos de 33 millóns de electorxs)13.

Deste xeito xurdiron as maiores protestas en anos, reprimidas duramente polo Estado14,15 . Mais remataron co poder centralizado de Merino, despois de causar ducias de feridxs, desaparecidxs e dúas mortes a mans da Policía16. A represión deste corpo contra manifestantes e prensa foi denunciada internacionalmente17,18.

O día 15, Merino renunciou. O Congreso elixiu, o día 17, a Francisco Sagasti (que se opuxera á moción de censura), cun amplo respaldo popular. Polo momento empezou pedindo perdón pola actuación da Policía19, mais está por ver que se investiguen os feitos en profundidade20. Xs diversxs actores sociais esixen diálogo ao novo Goberno21, pero temas como a reforma constitucional son, polo momento, descartados por este22. Como sucedera en Chile ou en Bolivia, as protestas sociais, sobre todo das xeracións máis novas23, cambiaron o rumbo de todo un país. Unha vez máis a cidadanía demostrou que a loita é garante de dereitos. Que non se diga nunca máis que non serve para nada.

1 https://www.publico.es/internacional/mocion-censura-peru-congreso-peru-destituye-presidente-martin-vizcarra-corrupcion.html
2 https://www.gob.pe/institucion/presidencia/noticias/313532-manuel-merino-de-lama-jura-como-presidente-de-la-republica
3 https://navegarrioarriba.lamula.pe/2020/11/15/la-calle-por-ahi-pasan-la-esperanza-y-el-futuro/rodrigomontoyar/
4 https://navegarrioarriba.lamula.pe/2020/11/21/la-calle-2-despues-de-la-victoria/rodrigomontoyar/
5 https://www.efe.com/efe/espana/mundo/triunfo-enlutado-en-peru-para-la-generacion-del-bicentenario/10001-4394969
6 https://www.efe.com/efe/espana/mundo/peru-cierra-una-semana-de-crisis-con-la-asuncion-del-presidente-sagasti/10001-4397041
7 https://redaccion.lamula.pe/2020/11/18/conoce-a-los-integrantes-del-nuevo-gabinete-ministerial-liderado-por-violeta-bermudez/redaccionmulera/
8 https://www.efe.com/efe/espana/mundo/el-congreso-y-la-corrupcion-barren-al-presidente-peruano-martin-vizcarra/10001-4389824
9 https://elcomercio.pe/opinion/colaboradores/cuestion-confianza-martin-vizcarra-congreso-separacion-equilibrio-poderes-oscar-urviola-hani-noticia-ecpm-640309-noticia/
10 https://redaccion.lamula.pe/2020/11/10/vizcarra-sobre-gobierno-de-manuel-merino-la-legalidad-esta-en-tela-de-juicio/redaccionmulera/
11 https://www.efe.com/efe/espana/mundo/el-tribunal-constitucional-de-peru-evalua-dar-la-razon-a-vizcarra-contra-su-destitucion/10001-4395930
12 https://www.defensoria.gob.pe/pronunciamiento-de-la-defensoria-del-pueblo-sobre-la-vacancia-y-sucesion-presidencial/
13 https://larepublica.pe/politica/2020/11/10/fernando-tuesta-asi-lo-quiera-el-senor-merino-el-no-es-valentin-paniagua/
14 https://www.defensoria.gob.pe/balance-de-la-defensoria-del-pueblo-sobre-movilizaciones/
15 https://www.defensoria.gob.pe/sobre-derecho-a-la-movilizacion-publi/
16 https://www.defensoria.gob.pe/defensoria-del-pueblo-abuso-policial-deja-dos-muertos-y-decenas-de-heridos/
17 http://www.oas.org/es/cidh/prensa/comunicados/2020/275.asp
18 https://www.sipiapa.org/notas/1214282-la-sip-reitera-que-se-investiguen-las-agresiones-contra-periodistas-peru
19 https://redaccion.lamula.pe/2020/11/17/sagasti-pido-perdon-a-los-familiares-y-a-todos-lo-jovenes-que-marcharon-por-defender-la-democracia-w/redaccionmulera/
20 https://redaccion.lamula.pe/2020/11/20/sagasti-no-manchemos-a-toda-la-policia-por-el-efecto-de-la-actitud-de-algunos-elementos/redaccionmulera/
21 https://redaccion.lamula.pe/2020/11/20/organizaciones-sociales-piden-dialogo-y-pacto-social-para-salir-de-la-crisis-politica/redaccionmulera/
22 https://redaccion.lamula.pe/2020/11/20/sagasti-sobre-nueva-constitucion-no-nos-parece-una-prioridad-inmediata/redaccionmulera/
23 https://www.efe.com/efe/espana/mundo/triunfo-enlutado-en-peru-para-la-generacion-del-bicentenario/10001-4394969

Máis Información:

https://www.gob.pe

Interésache:

ETIOPÍA: OS NACIONALISMOS ÉTNICOS COMO FERRAMENTA POLÍTICA

G20: UNHA DERROTA PARA RIAD

BLACK FRIDAY: O PLANETA COMO MERCADORÍA

QUE CAMBIARÁ COA DERROTA DE TRUMP?

4 Responses

  1. […] PERÚ: GOLPE DE ESTADO… E REVOLUCIÓN […]

  2. […] PERÚ: GOLPE DE ESTADO… E REVOLUCIÓN […]

  3. […] PERÚ: GOLPE DE ESTADO… E REVOLUCIÓN […]

  4. […] PERÚ: GOLPE DE ESTADO… E REVOLUCIÓN […]