O pasado 8 de setembro, o comisionado do goberno alemán para África, Günter Nooke, anunciou no periódico alemán Süddeutsche Zeitung a intención do seu país de abastecerse de hidróxeno “verde” na República Democrática do Congo1. Para isto tería que ser construída unha nova gran presa no Río Congo, a Inga 3. Na construción da mesma hai intereses chinos e europeos2,3.
O Congo é un país que sufriu unha dura colonización4, que segue sendo vítima dun grande espolio por parte de nacións estranxeiras e dunha corrupción xeralizada5,6. A construción desta nova central hidroeléctrica suporía un desastre medioambiental7 que, amais, non repercutiría en mellorar a calidade de vida da poboación congolesa8, que apenas ten acceso á electricidade9. A maioría da mesma expórtase, así como numerosas materias primas10.
Ademais da corrupción normalizada11, no país hai unha grande inestabilidade política, ataques armados con mortes de inocentes e violacións de dereitos humanos, así como desprazamentos forzosos e numerosos casos de explotación sexual e de menores. O roubo de valiosos recursos naturais por parte de grupos armados tamén é moi habitual12. Mentres, Occidente decide ignorar estes feitos13.
Por outra banda, malia que o hidróxeno é vendido polas transnacionais como a enerxía “verde” do futuro14, hai serias dúbidas a este respecto15:
- O hidróxeno non é unha enerxía. É un elemento que non se atopa libre na natureza.
- Máis do 90% da obtención do hidróxeno faise, actualmente, partindo de combustibles non renovables.
- É caro de obter, pois o proceso é moi complexo.
- Na actualidade, a suma do que custa obtelo máis distribuílo é enerxeticamente non rendible.
- Non é unha solución de mobilidade viable16,17.
Os países enriquecidos e as súas transnacionais continúan a facer, mediante un “greenwashing” importante, o que fixeron sempre: “vender” ás clases enriquecidas un suposto futuro prometedor, a costa do sufrimento e perda de dereitos das clases empobrecidas. É deber destas e daquelas rebelarse contra estas prácticas e vivir en paz entre nós e co Planeta.
1 https://www.sueddeutsche.de/wirtschaft/kongo-gruener-wasserstoff-inga-3-1.5023270?reduced=true 2 https://resourcematters.org/inga-iii-kept-dark/ 3 https://www.jwnenergy.com/article/2020/8/24/congo-hydrogen-plant-being-considered-by-european-/ 4 https://www.monarchie.be/fr/agenda/lettre-de-felicitations-a-loccasion-du-60eme-anniversaire-de-lindependance-du-congo 5 https://www.undocs.org/es/S/2020/482 6 https://www.transparency.org/en/countries/democratic-republic-of-the-congo# 7 https://master.k8s.p4.greenpeace.org/africa/en/press/8195/greenpeace-on-inga-iii-congos-natural-resources-belong-to-the-congolese-not-to-multinationals/ 8 https://www.die-linke-bayern.de/nc/aktuell/presse/detail/news/bundesregierung-muss-sich-von-nookes-wasserstofftraeumen-in-der-demokratischen-republik-kongo-distanz/ 9 https://www.mediacongo.net/article-actualite-62594_l_electricite_pour_10_millions_de_congolais_d_ici_2024.html 10 https://www.usaid.gov/democratic-republic-congo/agriculture-and-food-security 11 https://www.rfi.fr/fr/afrique/20160409-rdc-proches-president-joseph-kabila-panama-papers-jaynet-dan-gertler 12 https://news.un.org/en/story/2020/12/1079442 13 https://www.dw.com/de/merkel-m%C3%B6chte-motor-afrikas-ankurbeln/a-51270749 14 https://www.toyota.es/hidrogeno/sociedad-del-hidrogeno 15 https://www.irena.org/energytransition/Power-Sector-Transformation/Hydrogen-from-Renewable-Power 16 https://crashoil.blogspot.com/2020/12/la-fiebre-del-hidrogeno-20-y-iii.html 17 https://www.volkswagenag.com/en/news/stories/2019/08/hydrogen-or-battery--that-is-the-question.html#
Máis Información:
Interésache:
GUATEMALA: OS ORZAMENTOS DA POBREZA