XUÍZO AOS CRIMES DE GUERRA EN PALESTINA

with 2 Comentarios

A Corte Penal Internacional (CPI) deu o primeiro paso para iniciar unha investigación por crimes de guerra en Palestina1, tras confirmar que Palestina é un Estado parte do tribunal. Anteriormente, en vistas orais celebradas en febreiro de 2020, países aliados de Israel como Alemaña, Australia, Hungría ou a República Checa tentaron que Palestina non fose considerada parte da CPI, pero xs xuíces/xuízas ditaminaron que “independentemente da condición de Palestina en virtude do dereito internacional xeneral, a súa adhesión ao Estatuto de Roma seguiu o procedemento correcto e ordinario2.

A decisión xorde dunha iniciativa da fiscal xeral gambiana Fatou Bensouda3, que pediu á sala que especificase “os territorios nos cales poden levar a cabo a investigación” dadas “as controvertidas cuestións legais e fácticas” do caso. A sala preliminar ditaminou, por dous votos a un, que Palestina abarca os territorios ocupados por Israel na Guerra dos seis días de 1967, o que inclúe Cisxordania, Xerusalén Oriental e a Franxa de Gaza4. A Autoridade Nacional Palestina solicitara formalmente a apertura da investigación en 2018, o que facultaba a Bensouda a comezar as pescudas sen a autorización dxs xuíces/xuízas.

As reaccións internacionais non se fixeron esperar, co primeiro ministro israelí Benjamín  Netanyahu declarando sobre a investigación que “hoxe a corte probou unha vez máis que é un corpo político e non unha institución xudicial5, ou con  Ned Price, portavoz de Estado dos Estados unidos, expresando “serias preocupacións sobre os intentos da CPI de exercer xurisdición sobre o persoal israelí”6.

Palestina confía en que a CPI investigue as accións de Israel nas protestas das Marchas do Retorno de 2018, que deixaron un saldo de máis de 273 palestinxs mortxs e máis de 16.000 feridxs7. A CPI non ten unha forza policial propia polo que non pode executar ordes de arresto, dependendo da vontade dos Estados para aplicalas. Tendo en conta que Israel non forma parte da corte, pois non acepta a súa lexitimidade, resulta pouco probable que entregue de forma voluntaria a sospeitosxs de crimes de guerra.

En calquera caso, é un primeiro paso importante para que a impunidade do estado israelí e dos seus crimes de guerra chegue ao seu fin. “Xa é hora de que xs perpetradorxs israelís e palestinxs dos abusos máis graves, xa sexan crimes de guerra cometidos durante as hostilidades ou a expansión de asentamentos ilegais, se enfronten á xustiza”, expresou con optimismo Balkees Jarrah, director asociado de xustiza internacional de Human Rights Watch8. Esperemos que así sexa.

1 https://www.icc-cpi.int/palestine
2 https://www.icc-cpi.int/Pages/item.aspx?name=pr1566
3 https://www.icc-cpi.int/Pages/item.aspx?name=20191220-otp-statement-palestine
4 https://www.icc-cpi.int/CourtRecords/CR2021_01165.PDF
5 https://www.israelnationalnews.com/News/News.aspx/296314
6 https://www.barrons.com/news/us-has-serious-concerns-on-icc-jurisdiction-over-palestinian-territories-01612555505
7 https://www.timesofisrael.com/palestinian-said-killed-in-border-riot-as-6000-join-gaza-protests/
8 https://www.reuters.com/article/us-icc-palestinians-israel-idUSKBN2A52CW

Máis Información:

https://palestinalibre.org/

Interésache:

QUE É “NORMALIDADE DEMOCRÁTICA”?

FRONTEX: CORRUPCIÓN OPACIDADE E VIOLACIÓN DE DEREITOS HUMANOS

FONDOS COVID: APONTOANDO AO CAPITAL PRIVADO

O NEGOCIO DA MANIPULACIÓN NAS REDES

2 Responses

  1. […] XUÍZO AOS CRIMES DE GUERRA EN PALESTINA 173 anos do Manifesto Comunista ASINA : POR UNHA SAÍDA XUSTA DESTA CRISE Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]

  2. […] XUÍZO AOS CRIMES DE GUERRA EN PALESTINA 173 anos do Manifesto Comunista PRESIONA: BANCA ARMADA Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]