GALIZA: NON SON MUÍÑOS, SON TRANSNACIONAIS

with 1 comentario

Actualmente en Galicia existe un boom de peticións para instalar grandes parques Eólicos. Son máis de 301 que suman máis de 2500 MW, representando máis da metade da potencia instalada en Galiza no 20202. Isto supón un impacto na sociedade galega e o medio ambiente que non tivo lugar a réplica ou debate dende as institucións, o que significou o xurdimento de numerosos movementos e iniciativas que agrupan a colectivos sociais, ecoloxistas e veciñais que se opoñen á instalación destes parques3.

Isto non é nada novo para a terra do Miño, en 2019 Galicia instalou o dobre de potencia eólica que en toda a década anterior, xa que o sector paralizouse pola anulación do concurso eólico do goberno de coalición e outros obstáculos impostos polo goberno de Rajoy. Os promotores dos novos parques eólicos son empresas que xa posúen unha potencia importante (EDP, Iberdrola, Endesa-Enel Green Power…) ou que aspiran a ser novos actores protagonistas do sector eólico en Galicia (Greenalia, Capital Energy, Statkraft…).

En 2017, Galiza produciu 31.532 GWh, unha cantidade de electricidade moi superior á consumida (18.918 GWh).  De toda a enerxía eléctrica producida a partir de fontes de enerxía  renovables o 64,88% procedeu dos eólicos, excedendo o obxectivo do  50% para 20204. Pola contra, tan só o 0,68% procede da enerxía solar. Mentres noutros países europeos promóvese o autoconsumo a través da enerxía solar aquí séguese perpetuando un modelo de exportación eléctrica en mans de transnacionais.

O lobby eólico defende a instalación destes parques prometendo que xerarán beneficios económicos para os concellos que  albergen as infraestruturas eólicas. Con todo o Observatorio Eólico de Galicia (OEGA) contradi esas afirmacións, o 98% dos parques eólicos de Galicia sitúanse en concellos rurais nos que a súa instalación non supuxo nin a fixación de poboación, nin a promoción de emprego nin a mellora significativa do servizo eléctrico nin dos custos da electricidade. Dos 106 concellos onde se atopan 4.026 aeroxeradores en toda Galiza, analizouse o incremento poboacional en 56 concellos (incluíndo as cabezas de comarca) nos que se atopan instalados 2.749 aeroxeradores. 50 destes concellos perderon unha media do 28% da súa poboación dende 1996 a 20205.

A ausencia dunha regulación que protexa os espazos de alto valor ambiental da instalación de parques eólicos, fai que espazos como as serras da Groba e o Suido, ou áreas non protexidas do Macizo central ourensán, Pena Trevinca ou o Courel, estean ameazadas pola construción de novos parques.6 

O papel do sector eólico é clave na mitigación en Galiza do impacto no quecemento global, pero iso non debe converterse nunha escusa para obviar os impactos sociais, patrimoniais e ambientais do seu desenvolvemento na súa anterior etapa e debemos estar vixiantes para  esixir outro modelo para a etapa que comeza que asegure o menor impacto ambiental e dea o maior beneficio social á cidadanía protexendo a biodiversidade e así a supervivencia da propia humanidade7.

1 http://observatorio.eolico.webs.uvigo.es/2020/12/09/boom-de-peticions-de-grandes-parques-eolicos-a-traves-do-ministerio/
2 http://observatorio.eolico.webs.uvigo.es/2020/12/09/boom-de-peticions-de-grandes-parques-eolicos-a-traves-do-ministerio/
3 https://www.gciencia.com/medioambiental/os-xigantes-eolicos-volven-achegarse-ao-ultimo-glaciar-de-galicia/
4 https://valminortv.com/2020/11/22/crece-la-oposicion-vecinal-contra-los-parques-eolicos-de-las-serras-da-groba-y-do-galineiro/
5 http://economiaecoloxica.webs.uvigo.gal/docs/publicacions/informe_oega_2019.pdf
6 http://observatorio.eolico.webs.uvigo.es/2021/02/17/movemento-ambientalista-contra-parques-eolicos/
7 https://www.cbd.int/doc/legal/cbd-es.pdf

Interésache:

One Response

  1. […] GALIZA: NON SON MUÍÑOS, SON TRANSNACIONAIS Manual para Campañas Non-Violentas ASINA : SALVEMOS O ÁRTICO! Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]