O CASO DE SARAH EVERAD: FEMINICIDIOS E HIPERVIXILANCIA

with 1 comentario

O pasado 3 de marzo desaparecía Sarah Everad. Días despois achábase un cadáver cuxos restos correspondíanse coa muller de 33 anos, un oficial de policía foi acusado de secuestro e asasinato en Londres despois de que se identificase o corpo da nova desaparecida. O caso provocou unha gran conmoción no Reino Unido1.

O 13 de marzo centos de mulleres lanzáronse ás rúas no sur de Londres para esixir maior seguridade2. Marchaban con velas e flores, pero a policía metropolitana recibiunas a porrazosdespois de tentar prohibir a marcha co pretexto das restricións da pandemia, feito que non impediu a violencia policial, xuíz e parte no caso que nos ocupa3.

O tema alcanzou tal dimensión que a propia princesa Catalina compareceuno lugar para deixar un ramo. Este feito non impediu que, xa caída a noite, os axentes de Scotland Yard decidisen intervir coma se se tratase dunha manifestación violenta ou un incidente terrorista, dando pé a imaxes arrepiantes nas que se lles ve arrastrando polo chan a mulleres e poñéndolles as esposas mentres soaban as sirenas dos vehículos e un helicóptero sobrevoaba a zona. Este abuso da forza desembocouen chamamentos á dimisión da xefa de Scotland Yard,que xustificou como puido a actuación dos policías ás súas ordes4.

O 15 de marzo a cidadanía volvía a saírás rúas en Londres para protestar contra a violencia policial e esixir que deteñan un proxecto de lei que dará máis poder á policía para reprimir protestas civís e que remarcará aínda máis o punitivismo5.

En resposta a isto, o pasado 16 de marzo, o Goberno de Reino Unido anunciou unha batería de medidasco obxectivo de proporcionar ás mulleres e nenas do país “máis tranquilidade”, despois do asasinato de Sarah Everard. Entre elas, destacan 25 millóns de libras (algo máis de 29 millóns de euros) adicionais a investir nunha mellor iluminación das rúas e un sistema de vixilancia CCTV, así como un plan piloto para despregar a axentes vestidos de civil en pubs e discotecas do país6. O cal incide de novo nun modelo punitivista e de hipervixilancia que non só non ataca a raíz do problema, senón que ademais vulnera a liberdade das persoas e non propón medidas que axuden a detruír a cultura da violación.

1 https://www.lavanguardia.com/sucesos/20210313/6374639/sarah-everard-claves-asesinato-reino-unido.html
2 https://www.france24.com/es/europa/20210316-londres-protestas-sarah-everard-policia
3 https://www.lavanguardia.com/internacional/20210315/6375259/criticas-scotland-yard-fuerza-mujeres-sarah-everard.html
4 https://www.lavanguardia.com/internacional/20210315/6375259/criticas-scotland-yard-fuerza-mujeres-sarah-everard.html
5 https://www.france24.com/es/europa/20210316-londres-protestas-sarah-everard-policia
6 https://www.elconfidencial.com/mundo/europa/2021-03-16/uk-lanza-medidas-para-proteger-a-las-mujeres-tras-el-caso-de-sarah-everard_2994583/

Interésache:

One Response

  1. […] O CASO DE SARAH EVERAD: FEMINICIDIOS E HIPERVIXILANCIA Manual para Campañas Non-Violentas ASINA: CONTRA A VENDA DE ARMAS DE ESPAÑA Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]