AFGANISTÁN: OUTRA DERROTA PARA A OTAN E EE.UU.

with 1 comentario

Estados Unidos xunto aos seus aliados da OTAN escenificou en Bagram a súa retirada definitiva de Afganistán. O pasado 1 de maio, as forzas estadounidenses iniciaron o seu proceso de retirada de Afganistán, tras vinte anos combatendo na que é até o de agora a guerra máis longa da historia dos EE.UU.1

A decisión de abandonar Afganistán foi pactada no histórico acordo entre os talibáns e EE.UU., que se asinou o 29 de febreiro de 2019 en Doha, co obxectivo de achar un camiño para poñer fin á guerra no país asiático2. A derrota obvia é un escenario que EE.UU. tentou evitar terminando a retirada o pasado 2 de xullo sen informar para evitar a repetición das imaxes da fuxida desesperada de Saigón en 19753.

O novo presidente de Estados Unidos tentou facer pasar esta retirada como unha misión cumprida, pero o certo é que cando o pasado xullo varixs reporteirxs preguntáronlle sobre a Guerra de Afganistán, o mandatario enfadouse e dixo que non ía falar máis diso porque non eran cousas felices4. Os datos danlle a razón: máis de 200.000 mortxs e un custo de máis de 2 billóns de dólares deixando atrás un país que segue en guerra civil5.

Ademais dos habituais danos colaterais da guerra (enfermidades, destrución de infraestruturas, mercado negro…), o certo é que os talibáns que EE.UU. prometeu expulsar en 2001 controlan hoxe o 80% do país de xeito efectivo, mentres que en Cabul hai un goberno corrupto, caracterizado pola pouca transparencia e a desconfianza das persoas ás que di representar6.

O futuro de Afganistán é unha dura loita que requerirá de todos os esforzos da sociedade civil afgá. A nós, como defensorxs dos Dereitos Humanos, tócanos a tarefa de evitar que este e outros masacres volvan repetirse, avanzando facía unha aldea global comprometida coa paz e a xustiza social.

1 https://elpais.com/internacional/2021-07-02/estados-unidos-se-retira-de-bagram-su-base-mas-importante-en-afganistan.html
2 https://www.lavanguardia.com/internacional/20200229/473842565732/eeuu-paz-talibanes.html
3 https://www.abrilabril.pt/internacional/e-o-imperio-foge-pela-calada-da-noite
4 https://www.counterpunch.org/2021/07/19/20-years-of-u-s-occupation-was-brutal-in-afghanistan-and-so-will-be-the-exit/
5 https://watson.brown.edu/costsofwar/figures/2021/human-and-budgetary-costs-date-us-war-afghanistan-2001-2021
6 https://www.abrilabril.pt/internacional/e-o-imperio-foge-pela-calada-da-noite

Interésache:

One Response

  1. […] AFGANISTÁN: OUTRA DERROTA PARA A OTAN E EE.UU. Manual para Campañas Non-Violentas ASINA : POR UNHA SAÍDA XUSTA DESTA CRISE Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]