Actualmente Estremadura é un dos territorios que vive a explosión das chamadas enerxías limpas. Entre as minas de litio e os paneis fotovoltaicos, os seus habitantes ven pouco retorno desta colonización eléctrica.
A produción de enerxía eléctrica respecto ao total estatal en 2019 supuxo o 8,07 %. Os 21.030 GWh xerados en Estremadura sitúana nun destacado sexto lugar, só superada por Cataluña, Andalucía, Galicia, Castela–A Mancha e Castela e León. O balance da enerxía xerada na rexión estremeña lanza un saldo exportador de 16.053 GWh no ano 2019: un 76,33 % da produción de enerxía eléctrica total producida1. Por contra a enerxía eléctrica consumida tivo un valor de 4.959 GWh, o que supuxo respecto ao total estatal un 1,87 %.
As propiedades da maioría das fontes de enerxía da Comunidade Estremeña (así como no resto do estado2) renovables e convencionais están en mans dun pequeno número de empresas eléctricas, principalmente Naturgy, Endesa e Iberdrola. O feito de que a enerxía eléctrica vertebre á inmensa maioría do conxunto das diferentes actividades produtivas e non produtivas confire un enorme poder político aos propietarios da mesma. O que lles dá capacidade para incidir na aprobación de normativa ou a fixación do prezo.
Estremadura ten atribuído desde hai séculos a función exclusiva de achegar factores produtivos humanos e materiais (emigración e materias primas) para o desenvolvemento industrial doutros territorios do Estado español. A maior parte da enerxía xerada vai para fóra do territorio. O baixo consumo é froito dun baixo desenvolvemento industrial e da existencia da pobreza enerxética: o 20 % da poboación estremeña carece de recursos suficientes par cubrir as súas necesidades enerxéticas3.
O territorio estremeño necesita un cambio nas políticas enerxéticas e produtivas para que a comunidade poida desenvolverse e deixe de ser un mero exportador de enerxía e materia prima. Para iso debemos presionar aos gobernos central e rexional para que viren 180º unha situación histórica que debe rematar.
1 http://industriaextremadura.juntaex.es/kamino/attachments/article/13981/Presentaci%C3%B3nBEE19.pdf 2 https://www.businessinsider.es/radiografia-renovables-espana-energeticas-391171 3 https://www.europapress.es/extremadura/noticia-ccoo-extremadura-alerta-extension-pobreza-energetica-pide-medidas-efectivas-combatirla-20210222105423.html
Interésache:
One Response
UNHA PRIMEIRA LEI CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO - EN ACCIÓN)))
[…] EXTREMADURA: BOOM ELÉCTRICO Manual para Campañas Non-Violentas ASINA : POR UNHA SAÍDA XUSTA DESTA CRISE Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]