JUANI RUIZ, UNHA ACTIVISTA PRESA EN ISRAEL

with 1 comentario

Juana Ruiz Sánchez, unha activista e cooperadora internacional, detida o pasado 13 de Abril polo goberno israelí por “pertenza a unha organización ilegal”, viu que a data do seu xuízo foi aprazado deste mércores día 2 ao vindeiro 7 de xullo1. A activista leva case dous meses no penal de Hasaron, 25 quilómetros ao norte de Tel Aviv. O aprazamento foi solicitado pola súa letrada, dado que non lles permitían reunirse con suficiente antelación para preparar a súa defensa.

Juana traballaba na ONG Comités de Traballo para a Saúde (HWC)2, que estes días dedícase á vacinación da poboación palestina contra a COVID 19. O 13 de Abril regresaba ao seu fogar cando 20 soldados entraron na súa casa e detivérona sen explicación. Juana, que leva 35 anos en Cisxordania, foi sometida a un proceso militar excepcional reservado a cidadanía palestina e non a nacionais de Israel. Durante un mes non se lle informou de que delito cometera.

A activista foi conducida a un centro de detención masculino, o que lle impedía saír ao patio entre outras circunstancias3. Privárona dos seus efectos persoais, entre eles as lentes que necesita para ler, e só tivo acceso a dúas comidas diarias. Impedíronlle reunirse máis que unha soa vez co seu marido, e non facilitaron á defensa os materiais e probas cos que si contaba a acusación. Interrogárona sen a presenza da súa avogada, á que impediron visitar á súa defendida a menos dunha semana do xuízo.

O Shin Bet (servizo de intelixencia interior) israelí acusa a Juana de desviar fondos cara á Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP), unha organización que Israel considera “terrorista”4. Segundo Israel, o FPLP opera unha rede de Ong en Cisxordania, entre as que está a HWC que, a través da fraude e a falsificación e terxiversación de documentos, desvía ao grupo fondos de cooperación internacional.

Unha portavoz da familia en Palestina considera que o arresto da traballadora humanitaria española e o rexistro na sede da ONG na que traballa forman parte dunha “estratexia dos servizos de seguridade israelí contra as organizacións da sociedade civil palestina”. Israel sen dúbida busca usar este xuízo como método para cuestionar a cooperación internacional en Palestina e para “meter medo” a quen axude ao pobo Palestino. Na nosa man está denunciar e evidenciar esta situación e presionar ao noso goberno para que  interceda neste caso.

1 https://www.publico.es/politica/aplazado-juicio-militar-espanola-detenida-israel-abril.html
2 https://elpais.com/espana/2021-04-25/israel-mantiene-detenida-sin-cargos-desde-hace-dos-semanas-a-una-trabajadora-humanitaria-espanola.html?outputType=amp&__twitter_impression=true
3 https://blogs.publico.es/otrasmiradas/49467/juani-ruiz-proceso-sin-garantias-a-la-cooperacion-humanitaria/
4 https://elpais.com/espana/2021-04-25/israel-mantiene-detenida-sin-cargos-desde-hace-dos-semanas-a-una-trabajadora-humanitaria-espanola.html?outputType=amp&__twitter_impression=true

Interésache:

One Response

  1. […] JUANI RUIZ, UNHA ACTIVISTA PRESA EN ISRAEL Manual para Campañas Non-Violentas ASINA : SALVEMOS O ÁRTICO! Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]