Tras a semana de Paro Nacional do 28 de abril1 contra a reforma tributaria do presidente Iván Duque en Colombia, mobilización que foi duramente reprimida polas forzas policiais, o goberno finalmente claudicou e retirou o proxecto de lei. Nun comunicado emitido pola televisión o domingo 2 de Maio, o presidente de Colombia Iván Duque dixo: “Solicítolle ao Congreso da República a retirada do proxecto establecido polo Ministerio de Facenda e a tramitación de maneira urxente dun novo proxecto froito dos consensos e así evitar a incerteza financeira2“.Unha vitoria para a mobilización popular, pero cun alto custo: 26 asasinatos por disparos das forzas públicas ata o día 3 de Maio3.
O proxecto, un documento de 110 páxinas chamado Lei de Solidariedade Sostible4, é unha reforma tributaria con catro obxectivos: ampliar a base de recadación, evitar perdas de cualificación na débeda colombiana, institucionalizar a renda básica e crear un fondo para a conservación ambiental. O obxectivo é recadar 23 billóns de pesos, necesarios polo enorme gasto por programas sociais que tivo que afrontar o país coa pandemia. O problema é que o recadado procederá nun 73% de persoas físicas, non de empresas. Así mesmo, preténdese cobrar o IVE, que en Colombia chega ao 19%, a produtos como servizos públicos (auga, luz e gas), funerarios e outros ata o de agora exentos. Cobraríase imposto sobre a renda con soldos de máis de US$663, nun pais con US$234 de renda mínima5. É unha medida que afecta principalmente á clase traballadora con salario un poco por riba da media, xa moi afectada pola crise.
O descontento social pola crise económica tamén ten moito que ver coas mobilizacións. A economía colombiana derrubouse un 6,8%6, alcanzándose 4,1 millóns de desempregados. A isto súmase o peche de máis de 500.000 negocios. De acordo con datos da Dirección Nacional de Estatísticas de Colombia (DANE), 2,3 millóns de fogares só inxeren dúas comidas ao día7 e o 19% das familias non conta con aforros para soportar esta situación.
Por outra banda, hai críticas na propia xestión da crise. Este 28 de abril reportáronse 19.745 novos contaxios8, a taxa máis alta desde o inicio da pandemia. É o terceiro país de América que peor xestionou a pandemia en número de casos por habitante, por detrás de EEUU e México9. Por outra banda, hai atraso no acceso á segunda dose e desabastecemento de vacinas noutros rangos de idade. Critícase ao goberno a súa falta de transparencia ao non ofrecer datos sobre estes atrasos.
A un ano das eleccións, o goberno de Duque ve caer a súa imaxe en picado. Nun país onde sempre gobernou a dereita, por primeira vez todas as enquisas sitúan ao esquerdista Gustavo Petro coa maior intención de voto10. Así mesmo, a vitoria da mobilización, que obrigou ao goberno máis militarizado de América Latina a dobregarse, supón un gran logro para o pobo colombiano. Con todo, non debemos confiarnos: a promesa de Iván Duque de “tramitar de maneira urxente un novo proxecto” aínda está no aire.
1 https://colombia.as.com/colombia/2021/04/28/actualidad/1619634480_735072.html 2 https://www.youtube.com/watch?v=m_tejEsD0qE 3 https://www.france24.com/es/am%C3%A9rica-latina/20210503-colombia-protestas-violencia-policial-duque 4 https://drive.google.com/file/d/1B81CbcoGM0x_PUzYq91kcMVs1DFYRKER/view 5 https://www.bbc.com/mundo/noticias-america-latina-56966451 6 https://www.efe.com/efe/america/economia/la-economia-colombiana-cayo-un-6-8-en-2020-por-pandemia-del-coronavirus/20000011-4465837 7 https://unperiodico.unal.edu.co/pages/detail/reducir-de-3-a-2-comidas-diarias-en-los-hogares-un-problema-antiguo-en-colombia/ 8 https://colombia.as.com/colombia/2021/04/28/actualidad/1619609584_044852.html 9 https://www.rtve.es/noticias/20210507/paises-muertos-coronavirus-poblacion/2012350.shtml 10 https://www.dw.com/es/l%C3%ADder-de-izquierdas-gustavo-petro-a-la-cabeza-en-intenci%C3%B3n-de-voto-en-colombia/a-57305767
Interésache:
One Response
GOLPE XUDICIAL NO SALVADOR - EN ACCIÓN)))
[…] COLOMBIA: UNHA CUSTOSA VITORIA Manual para Campañas Non-Violentas ASINA: POLA APERTURA DE FRONTEIRAS EN AFGANISTÁN Destacados, Difunde, Todos os Artigos Latinoamérica […]