MARROCOS DE XENDARME A CHANTAXISTA

with 1 comentario

O pasado mes de abril,  Brahim  Gali, presidente da República Árabe Saharauí Democrática, foi hospitalizado en España1. Isto ocasionou unha crise política entre Marrocos e España, posto que o  rexime marroquí sentiu que os seus intereses estratéxicos eran atacados ao ofrecer asistencia médica ao líder do Fronte Polisario, con quen renovaron as hostilidades o pasado ano.

A pesar dos esforzos de Marrocos de  disociar a España da UE, o certo é que a Unión Europea apoiou ao estado español na crise. Alemaña, ademais, ten un rexeitamento maior á decisión de  Trump de recoñecer a  soberanía  marroquí sobre o  Sahara, e os países europeos ven con preocupación a chantaxe a través da migración que ten practicado Marrocos2.

O punto culmen desta chantaxe ocorreu a finais do pasado mes de Maio cando, en 48 horas, Marrocos permitiu o paso de 8000  migrantes entre os que se atopaban uns 2000 menores3, convertendo a seres humanos desesperados nunha arma arreboladiza na loita  diplómatica contra España. Isto pon de manifesto unha realidade ben coñecida na fronteira sur: Marrocos é un xendarme, o xendarme de Europa.

Despois de que Grande Marlaska aprobase cambiar o modelo de “contención fronteiriza” cambiando as  concertinas dos valos de Ceuta e Melilla por elementos menos lesivos, Marrocos colocou do seu lado  concertinas  idénticas e a  xendermería de fronteiras asumiu o labor de evitar con máis forza o paso de  migrantes ás cidades  autónomas4.

Actualmente a crise non terminou. España debería asumir as súas responsabilidades co pobo saharauí, deixar a morneza, afrontar o liderado para levar adiante un  referendum sobre a independencia do  Sahara Occidental a fin de que a paz poida ter lugar. Por outra banda debemos presionar á UE para que termine cunha política migratoria que pode converter a seres humanos nunha vulgar chantaxe migratoria.

1 https://www.eldiario.es/internacional/enigmatico-viaje-hospital-espanol-brahim-ghali-polemico-lider-frente-polisario_1_7853590.html
2 https://www.elconfidencial.com/mundo/2021-05-23/crisis-ceuta-marruecos-intenta-aislar-espana-europa_3095127/
3 https://www.elconfidencial.com/espana/2021-05-23/crisis-ceuta-valla-recien-levantada-marlaska_3093432/
4 https://www.elconfidencial.com/espana/2021-05-23/crisis-ceuta-valla-recien-levantada-marlaska_3093432/

Interésache:

One Response

  1. […] MARROCOS DE XENDARME A CHANTAXISTA Manual para Campañas Non-Violentas ASINA: POLA APERTURA DE FRONTEIRAS EN AFGANISTÁN Destacados, Difunde, Todos os Artigos […]