COMUNICADO: UN FUTURO SEN CARBÓN
with Non hai comentarios

Os custos sanitarios das centrais de carbón en Galicia ascenden a 430 millóns de euros anuais Os custos sanitarios estimados para Galicia derivan dos 117 ingresos hospitalarios e dos 52.000 días de traballo perdidos atribuíbles á contaminación do aire polas centrais das Pontes e de Meirama. A recén creada plataforma Galiza, un futuro sin carbón pide ao Goberno español e á Xunta unha transición enerxética xusta e o abandono do carbón antes de 2025. Galiza, 28 de novembro de 2018-. … Ler máis

NINGUÉN O FARÁ POR NÓS!
with 1 comentario

Iniciamos unha nova etapa. Un novo paso co que nos dotamos de mellores ferramentas a través das que poder construír unha estrutura aínda máis sólida e efectiva que aborde con garantes todos aqueles retos que se presenten na construción dun mundo máis xusto. Nesta nova fase ECOAR))) contará con novos mecanismos que conferirán maior capacidade, coherencia e independencia, para facer fronte aos abusos cometidos polos gobernos e as transnacionais, en defensa dos dereitos humanos e o planeta. Estamos fondamente convencidxs … Ler máis

OMC 2017: UN FRACASO DO NEOLIBERALISMO GLOBAL
with Non hai comentarios

O pasado 13 de Decembro rematou a 11ª conferencia interministerial da OMC, na que non se puido alcanzar un consenso necesario para arribar á firma dun documento final entre xs ministrxs, debido principalmente ao confrontamento entre proteccionismo e multilateralismo. Xusto de forma paralela tamén tivo lugar durante estes días o Cumio dos Pobos, que encheu Bos Aires de reivindicación, debates e alternativas. O novo goberno de EEUU que pasou a posicións proteccionistas, acudiu a este cumio con claras críticas cara … Ler máis

OMC 2017: ARRINCA O CUMIO DOS POBOS
with 1 comentario

Entre o 10 e o 13 deste mes terá lugar en Arxentina a 11ª conferencia ministerial da OMC. Neste cumio, que é a primeira vez que ten lugar nun país sudamericano, preténdese dar por pechado o acordo Mercosur-UE como un dos puntos centrais para o país anfitrión. Á súa vez terá lugar o Cumio dos Pobos, que reunirá en Bos Aires a decenas de organizacións sindicais, ONGs, colectivos sociais e activistas de distintos países. A OMC, da que forman parte … Ler máis

NACEN AS XORNADAS “COMUNICACIÓN, PODER E CONTRAPODER”!!
with Non hai comentarios

Este sábado 28 de Outubro as xornadas “Comunicación, Poder e Contrapoder” deron o paso definitivo de cara á súa construción grazas ás máis de 70 persoas que, a través das súas as achegas á campaña de microfinanciamento, posibilitaron a consecución do orzamento preciso para facelas realidade. As xornadas “Comunicación, Poder e Contrapoder” analizarán os mecanismos de construción do discurso hexemónico e uniforme actual así como as relacións de poder que se tecen entre os medios de comunicación, o poder político … Ler máis

ECOAR))) LANZA O MICROFINANCIAMENTO DAS XORNADAS “COMUNICACIÓN, PODER E CONTRAPODER”
with Non hai comentarios

Este luns 4 de setembro ECOAR))) lanza a través da Asociación Pepa Loba unha campaña de microfinanciamento que ten como obxectivo financiar as xornadas “Comunicación, Poder e Contrapoder” que están proxectadas para ter lugar a segunda quincena de Novembro. As xornadas “Comunicación, Poder e Contrapoder” analizarán a construción dun discurso hexemónico e uniforme así como as relacións de poder que se tecen entre os medios de comunicación, o poder político e as transnacionais. Ao mesmo tempo, estas xornadas tamén irán … Ler máis

ENDE GELÄNDE 2017: POÑER FIN AO CARBÓN ÁS BEIRAS DO RIN
with 6 Comentarios

Do 25 ao 29 de agosto estaremos en Renania para desenvolver distintas accións contra os combustibles fósiles que terán lugar na zona mineira do Rin, onde nos reuniremos diversos colectivos e persoas procedentes de diferentes partes de Europa. Os combustibles fósiles supuxeron en 2016 o 70% do consumo total de enerxía no mundo. O carbón segue sendo o maior responsable das emisións de CO2 no mundo (un 44% das emisións totais seguen procedendo deste combustible). E Alemaña, a pesar de … Ler máis