SUSPENSIÓN DA TALLA DO BOSQUE DE HAMBACH
O pasado 5 de outubro un tribunal alemán ordenou a suspensión temporal da talla do Bosque de Hambach, convertido nos últimos meses en símbolo da loita climática e do rexeitamento ao uso de enerxías fósiles. A decisión foi tomada polo Tribunal da cidade de Münster en resposta a un procedemento de urxencia iniciado pola organización ambientalista BUND, que perseguía poñer fin ao corte masivo de árbores levado ao cabo para gañar superficie para unha mina de carbón, propiedade da compañía … Ler máis