INDIA: ESTALA A REVOLTA CAMPESIÑA

with 1 comentario

Decenas de miles de campesiñxs bloquean as entradas á cidade de Nova Deli dende fai tres semanas en protesta pola nova reforma dos mercados agrícolas impulsada polo primeiro ministro, Narendra Modi1. Ao mesmo tempo, as mobilizacións esténdense por todo o país. Mentres o primeiro ministro defende que a reforma fará máis rico ao sector agrario, os sindicatos sosteñen que as reformas faranxs vulnerables á explotación por parte das grandes corporacións e erosionarán o seu poder de negociación.

Os tres apartados da nova reforma, aprobada o pasado 27 de setembro no parlamento Indio, inclúen cambios tales como a posibilidade de negociar directamente con empresas no canto de en mercados almacenistas regulados polo Goberno, permitir o comercio electrónico da produción agraria e a desregularización de alimentos como os cereais, os legumes, as patacas, as cebolas, as sementes oleaxinosas comestibles e os aceites, permitindo ao goberno regular a súa subministración e prezos só en casos de guerra, fame, subidas extraordinarias de prezos ou calamidades naturais2.

En India case o 70% da poboación é campesiña3. Esta depende de sementes, produtos fitosanitarios e abonos de grandes multinacionais, polo que necesitan contraer importantes débedas con entidades bancarias e prestamistas para seguir coa súa actividade. Segundo estatísticas do National Crime Records Bureau, 318.528 campesiñxs suicidáronse entre 1995 e 2015 por culpa deste tipo de débedas4. Neste contexto, unha reforma como a actual afonda aínda máis na liberalización do mercado agrario e agravará esta situación. Por todo iso, as organizacións campesiñas buscan, entre outras peticións, derrogar a nova reforma completamente e garantir o mínimo prezo de soporte (MPS), unha taxa establecida polo Goberno da India para garantir ao/á agricultor/a un prezo mínimo da colleita5. Para iso, á parte do bloqueo a Nova Deli, organizaron manifestacións multitudinarias en Punxab, Haryana e Uttar Pradesh Oeste6 e iniciaron unha folga xeral o 26 de Novembro7, con protestas solidarias en todo o mundo8.

A India mantívose fora do RCEP pola presión campesiña.

Parece claro que a imaxe de Narendra Modi de “líder dxs pobres” quedou danada, con gran parte do campesinado considerándoo próximo aos intereses empresariais e industriais. A poboación campesiña levantouse e non vai deterse, e agora o goberno enfróntase á súa proba máis importante; como dar marcha atrás a unha reforma que a súa poboación non quere, salvando ao mesmo tempo as relacións con aquelxs que están tras a devandita reforma.

1 https://www.nytimes.com/2020/11/30/world/asia/india-farmers-protest.html
2 https://www.prsindia.org/billtrack/essential-commodities-amendment-bill-2020
3 http://www.fao.org/india/fao-in-india/india-at-a-glance/en/
4 http://www.cadtm.org/La-insoportable-carga-de-ser
5 https://www.freepressjournal.in/india/bharat-bandh-what-are-the-demands-of-farmers-heres-all-you-need-to-know
6 https://www.ndtv.com/india-news/massive-farmers-protest-in-punjab-haryana-parts-of-uttar-pradesh-roads-rail-tracks-blocked-2300821
7 http://www.industriall-union.org/over-250-million-workers-join-national-strike-in-india
8 https://www.lbc.co.uk/news/sikh-protest-against-farmer-exploitation-india-ends-13-arrests/

Máis Información:

http://www.fao.org

https://www.newsclick.in/

Interésache:

COMEZA A ESPECULACIÓN GLOBAL DA AUGA

CONGO: HIDRÓXENO “VERDE”, SAQUEO NEOCOLONIAL

DEREITOS DIXITAIS EN ESPAÑA

GUATEMALA: OS ORZAMENTOS DA POBREZA

One Response

  1. […] INDIA: ESTALA A REVOLTA CAMPESIÑA […]