Seattle ’99: O Berro de Desobediencia co que naceu o Movemento Antiglobalización
with Non hai comentarios

A Batalla de Seattle, ocorrida entre o 30 de novembro e o 3 de decembro de 1999 durante a reunión da Organización Mundial do Comercio (OMC), marcou un punto de inflexión na loita contra o capitalismo global. A mobilización reuniu a máis de 50.000 activistas e militantes de sindicatos, movementos ecoloxistas, estudantado ou grupos anarquistas nunha converxencia sen precedentes que paralizou a cidade. O obxectivo era claro: desarticular o mito da inevitabilidade neoliberal mediante accións directas creativas. A orixe radica … Ler máis

This Is What Democracy Looks Like. Documental sobre Seattle ’99 e o Movemento Antiglobalización
with Non hai comentarios

O documental This Is What Democracy Looks Like (2000), dirixido por Jill Friedberg e Rick Rowley, captura a esencia das protestas contra a Organización Mundial do Comercio (OMC) en Seattle durante novembro de 1999. Filmado sobre o terreo con cámaras de activistas, o filme compila testemuños directos dunhas mobilizacións que reuniron a máis de 50.000 persoas de todo tipo de posición e procedencia (dende sindicalistas a ecoloxistas, dende colectivos de primeiras nacións a anarquistas) no que foi o punto de … Ler máis

Conceptos Clave. Violencia, vandalismo, terrorismo e non-violencia
with Non hai comentarios

A estrutura de poder ten buscado asociar historicamente a protesta e a disidencia coa violencia empregando diferentes conceptos como sinónimos entre si, equiparando así a violencia coa disidencia e a non-violencia cos procesos reformistas. Así pois distinguiranse a continuación cinco conceptos clave: Violencia. Enténdese por violencia o uso deliberado de forza física ou psicolóxica contra persoas, grupos ou comunidades coa intención de causar dano. Galtung distinguirá tres niveis: Violencia directa. Actos explícitos que implican accións que causan dano físico ou psicolóxico … Ler máis

ADIADAS XORNADAS: ACTIVISMO DIXITAL: BASES DE DEFENSA E SEGURIDADE
with Non hai comentarios

A causa da situación sanitaria excepcional que conduciu a unha declaración de estado de emerxencia polo COVID-19, os cursos previstos para os días 20 de Marzo e 3 de Abril que ían ter lugar no marco destas xornadas quedan adiados. As novas datas indicaranse cando a situación se normalice, ata ese momento agardamos que todxs esteades ben.

XORNADAS: ACTIVISMO DIXITAL: BASES DE DEFENSA E SEGURIDADE
with Non hai comentarios

A construción do mundo actual non pode entenderse sen internet. As fake news, o tratamento masivo de datos, a ciberespionaxe, a modificación dos procesos electorais ou as situacións de Assange ou Snowden son só algúns exemplos de como se constrúen as relacións de poder na actualidade. Neste contexto xorde a necesidade de coñecer novas formas de acción e actuación que permitan conformar dinámicas de contrapoder, así como ferramentas e mecanismos que axuden a protexer e exercer os dereitos no plano … Ler máis

DEREITOS HUMANOS: FRONTEIRA SUR
with Non hai comentarios

O pre­sen­te in­for­me au­dio­vi­sual é froito dun tra­ba­llo con­xun­to de mem­bros de Irí­dia – Cen­tre per la De­fen­sa dels Drets Hu­mans, Fo­to­mo­vi­mien­to y No­vact. Nel analizan a situación actual dos Dereitos Humanos na fronteira sur do Estado Español. As Cida­des Au­tó­no­mas de Ceu­ta e Me­li­lla encóntranse no Nor­te de Áfri­ca a unha dis­tan­cia en­tre sí de 382 qui­ló­me­tros. O es­pa­zo con­fi­gu­ra­do por és­tas con­xun­ta­men­te coas re­xións de Tán­ger e Na­dor é o es­pa­zo no que se atopa o maior nú­me­ro … Ler máis