TTIP: O PARLAMENTO REXÉITAO, O CONSELLO IMPONO
with 3 Comentarios

O día 14 de marzo o Parlamento Europeo desbotou —con escasa marxe— reiniciar  as negociacións de libre comercio entre a UE e EEUU, que poderían desembocar nun novo Tratado Transatlántico para o Comercio e o Investimento (Transatlantic Trade and Investment Partnership, polas súas siglas en inglés). Como consecuencia da aprobación da emenda 27, que pedía “non apoiar as directrices para a negociación na súa forma actual”, a maioría do Parlamento rexeitou finalmente aprobar unha resolución que autorizase o inicio das … Ler máis

A MINARÍA COMO PARADIGMA CAPITALISTA
with 1 comentario

O día 25 de xaneiro, en Brumadinho, municipio de Minas Gerais (Brasil), rompeu unha das represas de residuos dunha mina de ferro propiedade da empresa Vale1. Este accidente supuxo a morte de, canto menos, 197 persoas, e 111 máis desaparecidas2, a maioría das cales eran traballadoras da mina. Os lodos derivados da rotura asolagaron o Río Paraopeba, un dos afluentes do São Francisco, co conseguinte impacto ambiental nas especies que nel habitan3. A responsabilidade por esta nova traxedia humana e … Ler máis

#FRIDAYSFORFUTURE, FOLGA ESTUDANTIL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
with Non hai comentarios

O movemento #FridaysForFuture1 vén convocando en todo o planeta manifestacións, protestas e concentracións de estudantes todos os venres dende finais do 2018, que culminarán o 15 de marzo2 cunha folga estudantil mundial para esixir á clase política accións contundentes que revertan o cambio climático Este movemento colleu especial pulo tras o discurso que a estudante e activista sueca Greta Thunberg deu o 12 de decembro de 2018 ante o COP24 (Cumio sobre o Cambio Climático das Nacións Unidas)3. Dende ese … Ler máis

CRÉBASE O TRATADO DE FORZAS NUCLEARES DE ALCANCE INTERMEDIO
with Non hai comentarios

O pasado 1  de febreiro,  o Goberno dos EEUU decidiu romper unilateralmente o Tratado de Forzas Nucleares de Alcance Intermedio (INF polas súas siglas en inglés), asinado en 1987 entre EEUU e a URSS. Un día despois do anuncio de Trump, o presidente da Federación Rusa, Vladimir Putin, anunciou tamén a retirada deste país do devandito tratado. A sinatura deste documento data do 8 de novembro de 1987, cando o presidente dos EUA, Ronald Reagan, e o secretario xeral do … Ler máis

COP24: É A HORA DA SOCIEDADE CIVIL
with 2 Comentarios

O pasado 15 de Decembro fechou a XXIV Conferencia dos países membros da Convención-marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP24) que volveu desbotar unha nova oportunidade para poder facer fronte de xeito efectivo ao incremento progresivo da temperatura global. A COP24 caracterizouse pola escasa ambición dos estados para poder desenvolver as medidas necesarias que permitan acadar a redución de emisións comprometidas no Acordo de París. Especialmente hai que destacar a forte presión do lobby do carbón, así como … Ler máis

G20 2018: UN CUMIO PARA ESQUECER
with 1 comentario

O pasado 30 de novembro e 1 de decembro tivo lugar en Arxentina o 12º Cumio do G20 que reúne aos/ás líderes das principais economías do mundo e da Unión Europea, ademais de 14 organizacións internacionais. Á súa vez tivo lugar a Semana de Acción contra o G20 e o FMI, que transcorreu entre o 25 de novembro e o 1 de decembro, co obxectivo de denunciar as políticas neoliberais que promoven estes dous organismos. O G20 confórmano 19 países … Ler máis

ENDE GELÄNDE 2018: CUARTO ANO RESISTINDO POLA XUSTIZA CLIMÁTICA
with 1 comentario

Entre os días 25 e 29 de Outubro tivo lugar en Renania (Alemaña), unha acción contra as minas de lignito, un dos responsables principais de emisións contaminantes de CO2. Convocada pola plataforma Ende Gelände, a acción reuniu a miles de activistas por cuarto ano consecutivo para bloquear a actividade mineira en Renania e defender o Bosque de Hambach. Este bosque de máis de 12.000 anos de antigüidade e cunha alta biodiversidade está ameazado pola actividade mineira da compañía RWE que … Ler máis

‘EUROPE BEYOND COAL’: CONTA ATRÁS PARA O FIN DO CARBÓN
with 1 comentario

2030 é a data límite para reducir o consumo de carbón en polo menos dous terzos. É dicir, estamos a 12 anos de evitar a suba da temperatura global e evitar así as súas catastróficas consecuencias. O carbón é a causa principal de 19.500 mortes prematuras ao ano en Europa e os custos por problemas de saúde asociados chegan até 54 mil millóns de euros ao ano na Unión Europea. Por todo isto, demos un paso máis para pórlle freo … Ler máis

SUSPENSIÓN DA TALLA DO BOSQUE DE HAMBACH
with Non hai comentarios

O pasado 5 de outubro un tribunal alemán ordenou a suspensión temporal da talla do Bosque de Hambach, convertido nos últimos meses en símbolo da loita climática e do rexeitamento ao uso de enerxías fósiles. A decisión foi tomada polo Tribunal da cidade de Münster en resposta a un procedemento de urxencia iniciado pola organización ambientalista BUND, que perseguía poñer fin ao corte masivo de árbores levado ao cabo para gañar superficie para unha mina de carbón, propiedade da compañía … Ler máis

1 6 7 8 9 10